Novas por contido

No DOG do 17/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 29 de abril de 2024, ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, núm. 2-4 (As Fontiñas).

No DOG do 17/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galia, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

No DOG do 17/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se declara excluída do proceso selectivo unha persoa aspirante.

No DOG do 17/04/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024 pola que se convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais para o persoal dos seguintes centros de traballo da Coruña: Edificio Administrativo Monelos, Edificio Administrativo Amizar e Edificio Administrativo de Sanidade.

Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que ostente a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos seguintes centros de traballo da Coruña:

– Edificio Administrativo Monelos.

– Edificio Administrativo Amizar.

– Edificio Administrativo de Sanidade.

A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

No DOG do 16/04/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro de 2022), pola que se publican as notas do primeiro exercicio.

Publican resultados de exercicios.

No DOG do 15/04/2024 a AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA publica o ANUNCIO do 9 de abril de 2024 polo que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante a contratación baixo a modalidade contractual predoutoral, regulada no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, no marco das axudas a proxectos de xeración de coñecemento do Plan estatal de investigación científica, técnica e de innovación 2021-2023, no marco do desenvolvemento do proxecto coordinado PID2022- 139874-C22 Evolución e comportamento de praguicidas e dos seus produtos de transformación en presenza de emendas orgánicas no cultivo de millo forraxeiro en Galiza, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

O prazo de presentación das solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galiza (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria:

https://agacal.xunta.gal/gl/institucional/persoal

No DOG do 15/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións do exercicio de oposición do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña, no portal web corporativo funciónpública.xunta.gal

No DOG do 15/04/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024 pola que se convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais para o persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra.

Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra.

A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

No DOG do 14/04/2024 publican o DECRETO 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galiza.

No DOG do 12/04/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), pola que se fan públicos os resultados do primeiro exercicio do proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas.

Outras novas recentes

Luns, 03 Agosto 2026

Modificación da RPT de Medio Ambiente e Cambio Climático (29/07/2026)

Nesta xuntanza por parte da CIG solicitamos que o persoal que actualmente non fai quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante; insistimos na urxencia de abrir a negociación integral das condicións de  traballo da escala de Recursos Naturais e Forestais; e reiteramos a nosa solicitude de abril para abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e...
Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...
Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...