Novas por contido

No DOG do 23/04/2024 a AXENCIA DE TURISMO DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, por concurso-oposición, pola que se publica a baremación definitiva das persoas aspirantes que superaron o proceso, convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2022, e se propón o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

No DOG do 23/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024, do tribunal do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 e do 6 de febreiro de 2023, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio.

No DOG do 23/04/2024 publican o ACORDO do 15 de abril de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, polo que se dá publicidade dunha nova persoa aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo.

No DOG do 23/04/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2024 pola que se convoca un curso de formación en prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral, para o persoal que presta servizos nas oficinas de emprego da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

No DOG do 22/04/2024 o PARLAMENTO DE GALIZA publica o ACORDO do 9 de abril de 2024 polo que se anuncia a convocatoria para a realización de probas selectivas para ingresar, por oposición libre, en catro prazas do corpo administrativo, das cales unha está reservada á quenda de persoas con discapacidade, e polo que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección.

O prazo de presentación será de vinte días hábiles (20), que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 22/04/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Desestimar na súa totalidade as alegacións formuladas.

No DOG do 22/04/2024 publican:

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C2.

No DOG do 22/04/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o rexistro electrónico na Xunta de Galiza.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 8 de maio de 2024.

No DOG do 19/04/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 22 de marzo do 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

- RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de carreira administrativa para o persoal funcionario.

No DOG do 19/04/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...