Novas por contido

No DOG do 28/11/2022 publican:

- ORDE do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CSIF para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, para o persoal funcionario.

- ORDE do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para o establecemento do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral da Xunta de Galiza.

No DOG do 25/11/2022 publican a RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro).

Publican a puntuación obtida pola aspirante que viu modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galiza: funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 23/11/2022 publican a RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Rectifican a Resolución deste tribunal do 3 de novembro de 2022 (DOG núm. 212, do 9 de novembro) exclusivamente no referente á relación de puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio.

Publican as puntuacións rectificadas obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

No DOG do 23/11/2022 publican a RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo desta resolución.

No DOG do 23/11/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Declaran exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro e segundo exercicios.

Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no DOG, as persoas aspirantes actuarán do xeito que se indica.

No DOG do 23/11/2022 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de novembro de 2022 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro); e, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Eliminan unha praza e engaden outra.

No DOG do 23/11/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar.

- RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais.

No DOG do 23/11/2022 publican:

- LEI 4/2022, do 22 de novembro, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público autonómico de Galiza, en aplicación do previsto no Real decreto lei 18/2022, do 18 de outubro.

- ORDE do 23 de novembro de 2022 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2022, de acordo co disposto na Lei 4/2022, do 22 de novembro, e no Real decreto lei 18/2022, do 18 de outubro.

Adicionalmente ao disposto nos capítulos I e II do título II da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2022, as retribucións do persoal do sector público autonómico definido no artigo 11.Un da citada lei experimentarán un incremento adicional do 1,5 por cento respecto das vixentes en 31 de decembro de 2021.

No DOG do 22/11/2022 publican a RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

No DOG do 22/11/2022 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de novembro de 2022 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro); e, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Eliminan unhas prazas e engaden outras.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Outubro 2025

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e...
Mércores, 24 Setembro 2025

Persoal non docente e escalas de cociña: concentración mércores 1 de outubro. Táboa reivindicativa

E_Prezada compañeira, prezado compañeiro: Fartas xa desta Adminstración Pública que ningunea e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á concentración que terá lugar o vindeiro día mércores 1 de outubro ás 19 horas diante das xefaturas territoriais de educación. Podes descargar a táboa reivindicativa que fomos traballando con...
Mércores, 24 Setembro 2025

Reunión coa Consellaría de medio Ambiente e Cambio Climático (22.09.2025)

Na xuntanza tida o pasado 22 de setembro coa Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático tratáronse os seguintes puntos na orde do día: 1. Proposta de modificación do Acordo de condicións de traballo das escalas de Axentes. Na reunión celebrada o 9 de Agosto, pedírase que as reunións foran conxuntas, para tratar un único acordo de condicións para todas e todos. Pero...