Novas por contido

No DOG do 09/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 2, 7 e 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 9 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 11 de novembro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 27 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 10, 11 e 12 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP),

No DOG do 09/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas e excluídas en fides.xunta.gal

As listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderanse consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 09/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, zbgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo).

No DOG do 09/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

No DOG do 09/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes convocadas para a realización do segundo exercicio.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as cualificacións das persoas aspirantes convocadas para a realización do segundo exercicio.

No DOG do 09/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 20 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 e no seminario B da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid 2-4 (As Fontiñas).

No DOG do 08/02/2024 a AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL publica a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2024 pola que se nomean as persoas seleccionadas no proceso extraordinario de estabilización pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo nas prazas de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans de estudos, técnico/a superior de estudos, oficial administrativo/a, programador/a (técnico/a informático), condutor/a ordenanza, referenciadas no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza convocado no Diario Oficial de Galiza número 248, do 30 de decembro de 2022.

No DOG do 08/02/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 28 de decembro de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Política Social e Xuventude.

No DOG do 07/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas aspirantes presentadas ao segundo exercicio.

Outras novas recentes

Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión...
Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...