Novas por contido

No DOG do 12/06/2023 publican unha CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG número 109, do venres 9 de xuño de 2023, na páxina 35869, no punto primeiro, onde di: «Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 10.00 horas, as seguintes clases:», debe dicir: «Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 9.00 horas, as seguintes clases:».

No DOG do 12/06/2023 o Consello Económico e Social de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 4 administrativo (técnico/a auxiliar de informática).

A listaxe de persoas aspirantes admitidas figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

No DOG do 12/06/2023 publican a RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 8 de xullo de 2023, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca, en Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

No DOG do 12/06/2023 publican a ORDE do 9 de xuño de 2023 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados pola Resolución do 25 de agosto de 2021.

O persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte ao establecido no artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A data de sinatura deste acordo de extinción será o 12 de xuño de 2023.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 13 de xuño de 2023.

ANEXO II Persoal nomeado funcionario de carreira: Categoría 100 (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do grupo III.

No DOG do 09/06/2023 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de febreiro de 2023 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de carreira administrativa para o persoal funcionario.

No DOG do 09/06/2023 o Servizo Galego de Saúde publica a RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Terán lugar no recinto da Feira Internacional de Galiza, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra), na data e hora que a seguir se indican:

Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 10.00 horas, as seguintes clases:

ATS/DUE.

Inspector/a médico/a.

Licenciado/a en ciencias químicas.

Farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 16.00 horas, as seguintes clases:

Licenciado/a en farmacia.

Licenciado/a en medicina e cirurxía.

Licenciado/a en ciencias biolóxicas.

Licenciado en psicoloxía.

Subinspector/a sanitario/a.

Domingo, 25 de xuño de 2023, ás 10.00 horas, clase de inspector/a farmacéutico/a.

Publican na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), sección de emprego público, as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas, así como os/as aspirantes asignados/as a cada unha delas.

No DOG do 08/06/2023 a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. anuncia a RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2023 sobre o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

No DOG do 08/06/2023 publican:

- Portos de Galiza: RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2023 pola que se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

- Fundación Galiza Europa: RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

No DOG do 07/06/2023 i Instituto Galego de Promoción Económica publica:

- ANUNCIO do 1 de xuño de 2023 sobre a publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo.

- ANUNCIO do 1 de xuño de 2023 sobre a publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo de persoal laboral fixo.

A resolución pode consultarse no portal web corporativo do Igape, no enderezo:

https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto

No DOG do 06/06/2023 a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir tres prazas de persoal.

Prazas: (3) técnicos/as superiores de proxecto (referencias: PCCC-23-TSP2; PCCC-23-TSP3 e PCCC-23-TSP4). Proxecto que se vai desenvolver: Programa complementario de comunicacións cuánticas.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/ transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de catorce (14) días naturais, contados desde o día laborable seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Outras novas recentes

Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...
Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...