Novas por contido

No DOG do 23/09/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado mediante a Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

- RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado mediante a Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

No DOG do 23/09/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galiza.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 4 de outubro de 2022.

No DOG do 22/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2021 da lista para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais da Xunta de Galiza.

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratacion>.

No DOG do 22/09/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se convoca o Curso Lei xeral orzamentaria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 do día 26 de setembro de 2022.

No DOG do 22/09/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se convoca o Curso superior sobre auditoría no sector público.

O curso diríxese ao persoal empregado público dos subgrupos A1 e A2 que presten servizos no Consello de Contas, na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma (IXCA) e nas intervencións das entidades locais de Galiza.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do 27 de setembro de 2022.

No DOG do 20/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado/a superior xestor de proxecto (proxecto HIBA).

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da súa publicación oficial.

No DOG do 20/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2 e II.2.6 da convocatoria.

No DOG do 16/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

 

No DOG do 16/09/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 16/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

O segundo exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 23 de setembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas salas 2, 6, 7, 11 e na sala de exposicións da Escola Galega da Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa Madrid 2-4, en Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Mércores, 18 Febreiro 2026

Neste cuadrimestre resolverase o concurso de traslados da Administración xeral

A directora xeral de Emprego Público contestou á pregunta da CIG sobre o prazo para resolver o concurso que afecta a milleiros de persoas empregadas públicas da nosa Administración na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario deste 18/02/2026. Despois de que CCOO informase de que a resolución do concurso se faría a finais de febreiro ou primeiros de marzo, na CIG non contabamos...
Mércores, 18 Febreiro 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación contínua

No DOG do 18/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta...
Venres, 27 Febreiro 2026

Apertura de listas de substitucións para a contratación temporal de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino

No DOG do 27/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a...