Novas por contido

No DOG do 13/06/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG número 121, do 27 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 1 de xullo de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 8 de xullo de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, 36540 Silleda.

No DOG do 13/06/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que convoca o Curso superior de Administración electrónica.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 30 de xuño de 2023.

No DOG do 12/06/2023 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de maio de 2023 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I e II do sistema de carreira administrativa para o persoal funcionario.

No DOG do 12/06/2023 publican unha CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG número 109, do venres 9 de xuño de 2023, na páxina 35869, no punto primeiro, onde di: «Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 10.00 horas, as seguintes clases:», debe dicir: «Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 9.00 horas, as seguintes clases:».

No DOG do 12/06/2023 o Consello Económico e Social de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 4 administrativo (técnico/a auxiliar de informática).

A listaxe de persoas aspirantes admitidas figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

No DOG do 12/06/2023 publican a RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 8 de xullo de 2023, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca, en Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

No DOG do 12/06/2023 publican a ORDE do 9 de xuño de 2023 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados pola Resolución do 25 de agosto de 2021.

O persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte ao establecido no artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A data de sinatura deste acordo de extinción será o 12 de xuño de 2023.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 13 de xuño de 2023.

ANEXO II Persoal nomeado funcionario de carreira: Categoría 100 (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do grupo III.

No DOG do 09/06/2023 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de febreiro de 2023 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de carreira administrativa para o persoal funcionario.

No DOG do 09/06/2023 o Servizo Galego de Saúde publica a RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Terán lugar no recinto da Feira Internacional de Galiza, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra), na data e hora que a seguir se indican:

Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 10.00 horas, as seguintes clases:

ATS/DUE.

Inspector/a médico/a.

Licenciado/a en ciencias químicas.

Farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 16.00 horas, as seguintes clases:

Licenciado/a en farmacia.

Licenciado/a en medicina e cirurxía.

Licenciado/a en ciencias biolóxicas.

Licenciado en psicoloxía.

Subinspector/a sanitario/a.

Domingo, 25 de xuño de 2023, ás 10.00 horas, clase de inspector/a farmacéutico/a.

Publican na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), sección de emprego público, as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas, así como os/as aspirantes asignados/as a cada unha delas.

No DOG do 08/06/2023 a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. anuncia a RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2023 sobre o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...