Novas por contido

No DOG do 24/07/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educación social.

- RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educación infantil.

- RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil.

- RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais.

- RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de cociña, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo AP

No DOG do 21/07/2023 a Axencia Galega da Calidade Alimentaria publica a RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2023, da comisión de selección designada para cualificar o proceso selectivo, mediante o procedemento de concurso, para os postos de titulado/a superior investigador/a, adscritos ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e de doutor/a investigador/a, adscritos ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

No DOG do 21/07/2023 publican:

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de orientación laboral.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados.

No DOG do 20/07/2023 o Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal temporal.

As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

No DOG do 20/07/2023 o Consello Económico e Social de Galicia publica a RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2023 pola que se fai pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 1 (Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello).

No DOG do 20/07/2023 a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publica o ANUNCIO do 13 de xullo de 2023 sobre a publicación da baremación provisional do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas categorías profesionais.

No DOG do 20/07/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 6 de xullo de 2023 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 6 de xullo de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Política Social e Xuventude.

No DOG do 19/07/2023 a Axencia Galega de Innovación publica o ANUNCIO do 10 de xullo de 2023, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 6 de xullo de 2023 polo que se aproban e se fan públicas as puntuacións provisionais do baremo correspondente ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I categoría 4, grupo II categoría 7 e grupo III categoría 2 de persoal laboral fixo.

No DOG do 19/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado por Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño) pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a fase de concursooposición do proceso selectivo.

Publican, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron a fase de concurso-oposición do proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base e, se for o caso, a indicada na letra d).

Elevan a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas.

No DOG do 17/07/2023 Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. publica a RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2023 pola que se aproba e se publica a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico/a Cexar e técnico/a de campo da categoría de oficial de comunicacións/auxiliar técnico/a de comunicacións do grupo V.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...