Novas por contido

No DOG do 04/06/2021 publican a modificación da Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1.

No DOG do 04/06/2021 publican a modificación do anexo da Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

No DOG do 02/06/2021 a AMTEGA publica unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

O prazo para a inscrición será de cinco días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no DOG.

No DOG do 31/05/2021 a EGAP convoca cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 7 de xuño de 2021.

No DOG do 27/05/2021 publican diversos acordos do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina da Administración xeral, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

No DOG do 27/05/2021 publican a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional, resultado da actualización das listas de substitucións para postos de traballo de persoal funcionario da escala de saúde pública e admionistración sanitaria (Lei 17/1989).

No DOG do 27/05/2021 publican diversos acordos do proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde de 4 de novembro de 2019.

 

No DOG do 26/05/2021 publican a ampliación, en vinte días hábiles, do prazo de realización do segundo exercicio das seguintes oposicións:

- proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o grao medio, de persoal laboral fixo

- proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral, subgrupo A2

- proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral (subgrupo A2)

- proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral

No DOG do 26/05/2021 a EGAP convoca as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galiza.

No DOG do 25/05/2021 publican a relación de aspirantes que superaron a oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

Outras novas recentes

Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...
Martes, 22 Setembro 2026

A CIG denuncia o absoluto abandono do persoal técnico de enxeñaría forestal pola Consellaría do Medio Rural

Esiximos a convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo das condicións de traballo e avances na xubilación anticipada e a inclusión na xuntanza do 24 de setembro das especializacións e da actualización do Acordo de condicións de traballo, ao tempo que denunciamos a total falla de planificación de Defensa do Monte para o dispositivo de incendios ante o posíbel...
Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...