Novas por contido

No DOG do 14/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de mecánico, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 23 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas. De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

No DOG do 14/10/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2026 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galiza.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 21 de outubro de 2026.

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026 pola que se modifican as resolucións do 29 de setembro de 2026 polas que se nomearon persoal funcionario de carreira no corpo de xestión, subgrupo A2, e no corpo administrativo, subgrupo C1, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, convocados polas resolucións do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro).

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fan públicos os datos dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo para o acceso ao grupo I, categoría 19 (titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico).

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda abrir o período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior, escala superior de sistemas e tecnoloxías da información; corpo de xestión, escala de xestión de sistemas e tecnoloxías da información; e corpo administrativo, escala de técnica/o especialista en tecnoloxías e sistemas da información da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

O prazo habilitado para presentar a solicitude de elección de postos de traballo e xustificar a posesión de méritos e requisitos será de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, concretamente desde o 14 de outubro ao 27 de outubro de 2026.

A solicitude de elección de postos de traballo deberá presentarase por vía electrónica a través da canle do emprego público de Galiza (Fides). Soamente se admitirán as solicitudes que se presenten consonte o procedemento establecido.

A base VII da convocatoria do concurso establece que os méritos e os requisitos deberán acreditarse de conformidade co procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 1 de outubro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galiza número 68, do 9 de abril).

No DOG do 07/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galiza número 68, do 9 de abril).

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo citado anteriormente e que son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

No DOG do 06/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escalas técnicas de mantemento de servizos, de recursos naturais e forestais, especialidades de capataz, mecánico naval, patrón de embarcación e guía intérprete de patrimonio natural, de cociña, de condución e de análises de laboratorio; no corpo de auxiliares de carácter técnico, escalas de gardas de recursos naturais, de auxiliar de cociña, de auxiliar de mantemento, de auxiliar de laboratorio, de auxiliar de condución e de auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidades de oficial e de mariñeiro vixilante, e en agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, de recursos naturais e forestais e de mantemento.

Engadin ao anexo I para a agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña (subgrupo AP), unha persoa aspirante logo de que acreditase os requisitos de acceso ou que se atopaba en destino provisional.

No DOG do 06/10/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro).

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro).

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro).

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refiren os anexos destas resolucións deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo de quince (15) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación destas resolucións no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 06/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal (Diario Oficial de Galiza número 20, do 30 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición no portal web corporativo xunta.gal/función-pública

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...