Novas por contido

No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2026 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes na Axencia Tributaria de Galiza.

A relación de persoas admitidas e excluídas figura como anexos I e II, respectivamente, desta resolución e publicarase no portal web corporativo da Consellería de Facenda e Administración Pública https://www.conselleriadefacenda.gal/a-conselleria/transparencia/ concursos-especificos

No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na canle do emprego publico de Galicia (Fides), accedendo á inscrición no proceso selectivo, na epígrafe «Resultado», que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios (Diario Oficial de Galiza número 42, do 4 de marzo), pola que se fan públicas as notas do segundo exercicio.

Publicar as puntuacións obtidas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 30/09/2026 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de setembro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de vixilancia de estradas.

No DOG do 30/09/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2026 pola que se convoca o Curso superior en protección de datos.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 7 de outubro de 2026.

No DOG do 28/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade, convocado pola Resolución do 9 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 70, do 16 de abril).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 25/09/2026 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 25/09/2026 a CONSELLARÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA publica a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2026 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes nesta consellaría.

A relación de persoas admitidas e excluídas figuran como anexos I e II, respectivamente, desta resolución e publicarase no portal web corporativo da Consellaría de Facenda e Administración Pública (https://www.conselleriadefacenda.gal/a-conselleria/transparencia/ concursos-especificos).

No DOG do 21/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 11 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 176, do 16 de setembro) pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1; no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A2; no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C1; e no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C2, convocados polas resolucións do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro).

No DOG do 18/09/2026 a AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA publica o ANUNCIO do 11 de setembro de 2026 polo que se dá conta da publicación na páxina web desta axencia da Resolución do 13 de maio de 2026 pola que se abre un período de actualización de méritos e para a incorporación de novos aspirantes ás listas propias para a contratación temporal de persoal investigador.

De conformidade coa indicación previa, as bases do proceso de actualización das listas de contratación de persoal investigador atópanse dispoñibles no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: https://agacal.xunta.gal/ gl/institucional/persoal

Establécese un prazo de presentación de solicitudes de incorporación ou actualización de méritos nas listas A e C de vinte días naturais, contados desde as 00.00 horas do día seguinte ao da publicación do anuncio da resolución no Diario Oficial de Galiza, ata as 23.59 do vixésimo día natural posterior.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...