Novas por contido

No DOG do 18/09/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 31 de agosto de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 168, do 4 de setembro) pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro).

- RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 31 de agosto de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 168, do 4 de setembro) pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro).

A listaxe con estas modificacións poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

No DOG do 18/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación da documentación prevista na citada base. 

No DOG do 17/09/2026 a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN publica a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de dúas prazas de titulado/a superior, xestor de proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da súa publicación oficial.

No DOG do 17/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, pola que se fai pública a relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A nova persoa aspirante que supera o proceso selectivo disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 17/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala técnica de mantemento de servizos.

A nova persoa aspirante que supera o proceso selectivo disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 17/09/2026 o CONSELLO DA CULTURA GALEGA publica a RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal laboral desta entidade para o exercicio 2026.

Queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza durante un mes.

No DOG do 16/09/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de vixilancia de estradas.

- RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de mobilidade.

No DOG do 16/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1; no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A2; no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C1, e no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C2, convocados polas resolucións do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro).

Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas do subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Para acceder á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitiralles ás persoas aspirantes unha mensaxe electrónica co usuario e a clave de acceso á aplicación de cada un dos procesos selectivos.

No prazo máximo de dous días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de tres días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

No DOG do 16/09/2026 o CONSELLO DE CONTAS DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2026 pola que se anuncia a convocatoria das axudas do Fondo de Acción Social para o persoal da institución, correspondentes ao exercicio 2026.

O prazo de presentación de solicitudes quedan aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Gali<a, durante quince días hábiles.

No DOG do 15/09/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 19 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 19 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de setembro de 2026, ás 9.00 horas, en chamamento único, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galiza Abanca, sito na avenida do Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda (Pontevedra).

- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 20 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...