Novas por contido

No DOG do 21/10/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de vixilancia de estradas, convocado mediante a Resolución do 9 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 70, do 16 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 24 de outubro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de mobilidade, convocado mediante Resolución do 9 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 70, do 16 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 24 de outubro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

No DOG do 21/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 22, do 25 de novembro).

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 27 de xuño de 2026, correspondente ao primeiro e ao segundo exercicio do proceso selectivo.

De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, en relación co terceiro exercicio (idioma galego), estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 3 ou do título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

O prazo de acreditación referido no parágrafo anterior será de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do segundo exercicio, e deberá tramitarse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) na epígrafe «Expediente-e: Idiomas-Galego».

No DOG do 20/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade, convocado pola Resolución do 9 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 70, do 16 de abril).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas na ligazón fides.xunta.gal

A listaxe definitiva completa das persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 19/10/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución.

- RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de condución.

No DOG do 19/10/2026 publican a ORDE do 8 de outubro de 2026 pola que se modifica a Orde do 1 de outubro de 2024 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Modifícase o anexo I, proposta de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que presentou a solicitude e cumpre todos os requisitos exixidos na normativa vixente na materia, respecto dunha persoa.

No DOG do 16/10/2026 o CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR - FUNDACIÓN CETMAR publica o ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles que se contarán desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

No DOG do 16/10/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos.

- RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de mantemento.

No DOG do 15/10/2026 a CONSELLARÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA publica a RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2026 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes nesta consellaría.

A relación de persoas admitidas e excluídas figuran como anexos I e II, respectivamente, desta resolución e publicarase no portal web corporativo da Consellaría de Facenda e Administración Pública https://www.conselleriadefacenda.gal/a-conselleria/transparencia/ concursos-especificos

No DOG do 15/10/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar, convocado mediante a Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 162, do 26 de agosto), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 231, do 28 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio da fase de oposición serán publicadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza (funcionpublica.xunta.gal).

No DOG do 14/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 98, do 23 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas. Ao existir empate na puntuación de dous aspirantes, a orde de prelación vén determinada polo disposto na base IV.1 da convocatoria, e neste caso acódese á puntuación obtida na parte de contido teórico do primeiro exercicio. De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...