Novas por contido

No DOG do 29/10/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2026 pola que se convoca o Curso superior de implantación da ciberseguridade nas administracións públicas: ciberseguridade nos tempos da intelixencia artificial e a nube.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 3 de novembro de 2026.

No DOG do 28/10/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 89, do 15 de maio).

-RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de condución, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 89, do 15 de maio).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas na ligazón fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo (funcionpublica. xunta.gal).

No DOG do 28/10/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2026 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, e o persoal laboral propio do Cixtec (grupo III).

- RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2026 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza; no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B.

No DOG do 28/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora, e corpo administrativo, escala de persoal de servizos xerais (PSX), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 27 de febreiro de 2026.

Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo. Esta información atópase ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

As respostas ás reclamacións poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions co NIF e co código da reclamación formulada.

Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

No DOG do 27/10/2026 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocados polas ordes do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 225, do 26 de novembro) e do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 31 de xaneiro) e polas resolucións do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 121, do 27 de xuño) e do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 216, do 14 de novembro).

No DOG do 26/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2027, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 26/10/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 89, do 15 de maio).

- RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de mantemento, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 89, do 15 de maio).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 23/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 19 de outubro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 199, do 20 de outubro) pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade, convocado pola Resolución do 9 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 70, do 16 de abril).

A listaxe con estas modificacións poderase consultar no portal web corporativo (funcionpublica.xunta.gal).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas na ligazón fides.xunta.gal

No DOG do 23/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2026 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

No DOG do 23/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de animación sociocultural.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...