Novas por contido

No DOG do 30/09/2025 a EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fai pública a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes ou actualización de méritos no Sistema de Listas Previas para a Selección de Persoal Temporal.

A información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

No DOG do 30/09/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 29 de setembro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría do Medio Rural.

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 29 de setembro de 2025 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 29/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de bioloxía pesqueira, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

No DOG do 29/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade á corrección do segundo exercicio.

No DOG do 26/09/2025 a SOCIEDADE DE VIVENDA PÚBLICA DE GALIZA, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fan públicas as listas de persoas admitidas e excluídas nos procesos de selección, polo sistema de concurso-oposición, para a cobertura de catro postos de arquitectos/as, dous de técnicos/as xurídicos/as e dous de administrativos/as, como personal laboral fixo.

Publican as referidas listas na páxina web da sociedade (www.vivendapublica.gal), e anunciar no DOG a dita publicación.

No DOG do 25/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, convocado mediante a Resolución do 15 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

No DOG do 25/09/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 16 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galiza número 182, do 20 de setembro, pola que se fan públicas as cualificacións obtidas polos aspirantes no segundo exercicio.

No DOG do 24/09/2025 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO de corrección de erros das bases da convocatoria do proceso selectivo para cubrir trece prazas de persoal baixo a modalidade contractual de contratos científico-técnicos, a xornada completa, para a execución do proxecto PERTE47.

No DOG do 24/09/2025 o CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR - FUNDACIÓN CETMAR publica o ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal por interinidade.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

No DOG do 22/09/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais.

- RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 98, do 23 de maio).

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...