Novas por contido

No DOG do 20/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de pesca marítima, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 19/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https:// www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na Canle do emprego publico de Galicia (Fides), accedendo á inscrición no proceso selectivo, no bloque «resultado», que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 19/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 17 de novembro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo de Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 19/11/2025 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 27 de decembro de 2024 polo que se aproba a relación de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

No DOG do 18/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2025 pola que se amplía o prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Amplían o prazo de realización do cuarto exercicio en vinte días hábiles.

No DOG do 17/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

Publican os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 17/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 30 de novembro de 2023.

Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo I. Esta información atópase ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

En aplicación do establecido na base XI da convocatoria do concurso de traslados, a toma de posesión en todos os postos adxudicados como consecuencia da resolución deste concurso efectuarase a partir do día seguinte ao do cesamento e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

O cesamento deberá efectuarse o día 13 de xaneiro de 2026.

No DOG do 17/11/2025 publican:

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

No DOG do 17/11/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2025 pola que se convoca o webinario Tres cuestións sobre contratación pública.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 23 de novembro de 2025.

No DOG do 14/11/2025 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO de corrección de erros das bases da convocatoria do proceso selectivo para cubrir dezaseis prazas de persoal científico-técnico, a xornada completa, para a execución do proxecto de investigación en espazo de datos.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...