Novas por contido

No DOG do 10/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2025 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas.

Amplían o prazo en vinte días hábiles.

No DOG do 10/11/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Declaran finalizada a fase de oposición dos procesos selectivos.

No DOG do 07/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 38 (técnico/a superior de defensa contra incendios forestais) do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza.

No DOG do 07/11/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal condutor/a motobomba, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal condutor/a, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, emisorista de defensa contra incendios forestais, escoita incendios, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso na categoría 14 do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 38, técnico/a superior de defensa contra incendios forestais.

- RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galiza e do persoal laboral propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (Cixtec) (grupo II), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais.

- RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en determinadas categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 100, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.

- RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro forestal xefe de brigada.

- RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a motobomba.

- RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal.

- RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www. xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta ou nos anexos a algunhas resolucións.

De conformidade co disposto na base VI.2. da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza (DOG), para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 06/11/2025 a EGAP publica  RESOLaUCIÓN do 27 de outubro de 2025 pola que se convoca formación en prevención de riscos laborais para o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención da Residencia de Maiores de Burela.

É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivese rexistrado/a, este paso non será necesario).

A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

No DOG do 05/11/2025 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal científico-técnico.

O prazo de presentación de solicitudes para este posto será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 05/11/2025 o CENTRO TECNOLÓGICO DO MAR - FUNDACIÓN CETMAR publica o ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal.

A data tope de entrega de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

No DOG do 05/11/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de outubro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo derivada do proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente á Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, e clasificación na escala técnica de facultativos, especialidade traballo social.

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de outubro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

No DOG do 04/11/2025 a CORPORACIÓN DE SERVIZOS AUDIOVISUAIS DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria dun proceso de selección para a contratación de persoal directivo profesional na Corporación de Servizos Audiovisuais de Galiza.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio e terá unha duración de sete (7) días naturais.

No DOG do 04/11/2025 a FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE publica o ANUNCIO do 14 de outubro de 2025 polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...