Novas por contido

No DOG do 22/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 16 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galiza número 182, do 20 de setembro, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

No DOG do 21/04/2025 o CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR-FUNDACIÓN CETMAR publica o ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal co fin de ocupar unha praza de técnico/a superior.

As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

No DOG do 21/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de mantemento, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase tamén no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 21/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025, da Dirección Xeral da Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C2).

No DOG do 21/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase do concurso.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

No DOG do 21/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, convocado mediante a Resolución do 15 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

No DOG do 21/04/2025 a EGAP publica a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de marzo de 2025 pola que se convocan actividades de formación, dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente as vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

Debe dicir: «1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata o 2 de abril de 2025. Para a edición Telepresenza2 da actividade formativa CV25065: Intervención en saúde mental, adicción e xénero, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de abril de 2025 ata o 28 de abril de 2025».

No DOG do 16/04/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

- RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

No DOG do 16/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais.

O segundo exercicio da oposición terá lugar o 22 de abril de 2025, ás 15.30 horas, en chamamento único, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

No DOG do 16/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, da persoa aspirante que superou o proceso selectivo de acceso libre convocado mediante Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

Nomean persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, a persoa aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución.

Outras novas recentes

Martes, 16 Xuño 2026

Actualización definitiva de méritos das listas de substitucións da Xunta de Galiza

No DOG do 16/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2025 nas listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de...
Mércores, 17 Xuño 2026

Calendario de adxudicacións de postos e actos de elección de destino (MSF 17/06/2026)

Nesta Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario, a directora xeral de Emprego Públiico trasládanos o seguinte calendario de resolucións de adxudicacións de postos dos concursos de traslados e dos actos de elección de destino: Informática: van publicar unha corrección de erros para cambiar dúas cuestións:  Modifican o apartado D), referido ao traballo...
Venres, 12 Xuño 2026

Crónica dun enchufe anunciado: como a Xunta adaptou a praza da dirección do CGAC á súa candidata

Na CIG denunciamos que o nomeamento da nova dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) constitúe a crónica dun enchufe anunciado e exemplifica un padrón cada vez máis habitual na Xunta do PP, cando pretende favorecer unha persoa determinada: primeiro modifica o posto, despois adapta os requisitos de acceso e, finalmente, nomea a persoa que encaixa exactamente...