Novas por contido

O Tribunal Supremo notificounos a sentenza que desestima o recurso de casación interposto pola Xunta de Galiza e que converte en firme a sentenza gañada pola CIG e outros sindicatos, que recoñece parte do conflito colectivo que interpuxemos contra a Axencia Galega de Innovación e a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, da Xunta de Galiza.

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza recoñece unha parte da demanda de conflito colectivo. Foi ratificada polo Tribunal Supremo e resolve que non procede aplicar a redución da parte da paga extra devengada entre o día 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2013.

A vía utilizada de conflito colectivo afecta ao persoal laboral da extinta Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza, agora integrados na Axencia Galega de Innovación e na Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Para persoal funcionario a vía utilizada é outra, e van xa outras catro sentenzas gañadas pola CIG.

Respecto da extra do 2012, foron tantas as sentenzas que, paseniño, fomos gañando, que finalmente a Administración caiu da burra e acabou pagando a débeda a todo o persoal. Agardamos que no 2013, se non o fan polas boas, caian tamén da burra.

Outras novas recentes

Martes, 12 Mai 2026

Corpos xerais: información complementaria sobre actos de elección de destino e tomas de posesión

Achegamos máis información complementando a que difundimos o luns 11 de maio sobre os actos de elección de destino e tomas de posesión de corpos xerais. No concurso de traslados adxudicáronse 833 prazas en 1ª fase, 240 en resultas e 2 de oficio. Quedaron sen adxudicar 6 xefaturas de sección e máis ou menos 110 prazas de xefatura de negociado (das que unhas 90 estarían en...
Luns, 11 Mai 2026

Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Medio Rural (xuntanza do 24/04/2026)

O 24 de abril de 2026 fomos convocadas á xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL) da Consellaría do Medio Rural, cun atraso de máis de 3 meses. Nela tratamos as actuacións nos laboratorios de sanidade animal; a avaliación da maquinaria e o acordo da mesa de traballo da roupa de Agacal; as deficiencias das oficinas agrarias comarcais; a planificación...
Luns, 11 Mai 2026

Corpos xerais: toma de posesión do concurso de traslados e elección de destino

Na xuntanza á que asistimos o luns 11 de maio coa directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) para falarmos da resolución do concurso de traslados de corpos xerais e dos criterios para a elección de destino dos procesos selectivos, a DXEP deu a seguinte información: O prazo para a toma de posesión (concurso e procesos selectivos) podería ir ata...