Novas por contido

Obviando as innumerábeis sentenzas gañadas pola CIG e as necesidades preelectorais, confunden goberno, partido e sindicato

A Administración anuncia que vai devolver a parte devindicada da extra de 2013 toda neste ano, despois de amagar con pagala en dous anos.

Isto débese fundamentalmente ás seguintes cuestións:

  1. A CIG ven gañando múltiples sentenzas, como podedes ver por exemplo aquí, ou aquí, ou aquí, e non seguimos para non cansar…
  2. O obxectivo da liña seguida pola CIG de presentar demandas xudiciais en todos os ámbitos tanto laborais (Administración Xeral, SERGAS, ensino, entes, etc) como territoriais era tratar de conseguir unha posterior extensión de sentenza, xa que no caso do persoal funcionario non existe a vía do conflito colectivo, para o cal, unha vez gañadas, teríamos a oportunidade de que a Xunta tivese que aceptar esa extensión.
  3. Unha vez que a Xunta se ve obrigada a pagar, prefire, ante os procesos electorais que este ano lle poden pasar factura ao goberno autonómico que máis recorta dereitos de todos, facer pasar isto como iniciativa propia máis que como froito de ser vencido pola CIG nos tribunais.
  4. E en vez de pagalo recorre á estratexia de intentar conseguir apoio sindical para algo que cando o recortaron non precisaron ningún apoio.

Neste “complicado” proceso, para poder devolver o que as sentenzas gañadas indican, o Partido Popular, centra, e CSIF remata de cabeza en propia meta anunciando que a Xunta vai pagar porque alcanzaron “un acordo”.

Un “acordo”, que como medida electoral prevee pagar as extras completas no 2017, algo que o PP ven anunciando dende hai tempo, incluso antes de aprobar estes Orzamentos Xerais, porque saben que non van repetir e que os compromisos os leva o vento. E nada din da recuperación completa das extras do período 2013-2016, nin de recuperar o resto dos dereitos laborais.

Así, neste mercadeo, CSIF chega a pedir que en vez de pagar o 50% en dous anos que paguen o 70% neste (pouca ambición), a Xunta comprométese a pagar o 100%, e saen á palestra, nun exercicio esquizoide donde xa non saben se falan como CSIF ou como PP anunciando que conseguiron que se nos pague un terzo do específico da extra de xuño de 2013. Obviando por suposto as sentenzas gañadas pola CIG.

Fantástico!! Grazas PP...digo CSIF

Outras novas recentes

Martes, 02 Decembro 2025

Convocatorias extraordinarias de acceso aos graos I, II e III da carreira administrativa e complemento de desempeño

No DOG do 02/12/2025 publican: - ORDE do 1 de decembro de 2025 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da...
Xoves, 27 Novembro 2025

Concurso de corpos xerais: o 28 de novembro no DOG as puntuacións provisionais

A Dirección Xeral de Emprego Público ven de comunicarnos o seguinte: Comunicámoslle que mañá día 28 de novembro publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se fan públicas as puntuacións provisionais do concurso de traslados F04254 - Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de reclamacións remata o día 15 de decembro de 2025. Este...
Martes, 02 Decembro 2025

Concursos de traslados de varias especialidades (Administración especial, C1, C2 e AP): elección de postos

No DOG do 02/12/2025 publican: - RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo...