Novas por contido

Cando na Mesa Xeral das Administracións Públicas de Madrid de marzo nos puxeron diante o Acordo de mellora do emprego público e condicións de traballo xa previamente negociado ás agachadas e asinado por CCOO, UGT e CSIF para que o subscribíramos, dixemos NON polas razóns que expuxemos en duas notas informativas: 1) Acordo de Madrid: nin recuperación salarial, nin 35 horas, nin fin dos descontos por IT. Que nos queren vender? e 2) Si unha equipa galega gaña a liga, ou por que dificilmente cobraremos a suba pactada. 

Pero había outro punto na Orde do día da Mesa Xeral: aprobar unha serie de modificacións do Acordo AFEDAP, de formación das persoas empregadas públicas.

Este presentaba no seu articulado unha novidade a salientar: todo un capítulo destinado ao financiamento de accións formativas dirixidas a delegados/as e cadros sindicais no sector público. Mesmo incluían a quenes nin sequera tivesen a condición de empregados/as públicos/as. isto último finalmente retirado xa que sendo manifestamente ilegal tiña incluso o informe negativo da Avogacía do Estado, pero danos idea de ata onde querían chegar.

No texto do Acordo aparece o seguinte: “No seo do grupo de traballo do Acordo de mellora de emprego do 2017 “..accederase ás accións formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva e o diálogo social”. Así de barroca a redacción para que se entenda canto menos mellor.

Na Mesa preguntamos directamente á Secretaria de Estado de Facenda pola contía que ían destinar ao financiamento de formar delegados/as sindicais, xa que ese dato non formaba parte da documentación entregada. A Secretaria de Estado afirmou que sería superior aos 5 millóns de euros, o que implica que un 9% do total dos 58 millóns de euros dos plans de formación serían para formar a cadros sindicais.

Dende a CIG amosamos a nosa disconformidade con este apartado do AFEDAP, que só foi compartida polo sindicato vasco ELA, ao entender que a formación interna dos delegados e delegadas sindicais debe ser sufragada cos fondos propios das organizacións sindicais e non co detraído para a formación dos/das empregados/as públicos/as e que os cartos de formación deben destinarse na súa integridade a formar a todos os traballadores e traballadoras públicas, reforzando a formación continua.

Recapitulando,

  1. Formar a delegados/as sindicais NON É FORMACIÓN AS/OS EMPREGADAS/OS PÚBLICAS/OS.
  2. Os 5.000.000 de euros non saen da Administración senón DAS NOSAS PROPIAS NÓMINAS como persoas empregadas públicas.

Todo isto, ademais de algo moi feo é unha estafa aos traballadores/as e por iso, e como había que coller o lote completo, pois non aceptaron a petición da CIG de retirar este turbio asunto do Acordo de Formación, NEGÁMONOS a asinar esa modificación que é un NEGOCIO REDONDO para CCOO, UGT e CSIF que son os sindicatos que non tiveron reparo en asinar.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...