Novas por contido

Despois de asinar un acordo salarial onde este ano nos suben o 1,75% (un 1,5% ata xullo) sen cláusula de revisión salarial, desindexado dun IPC que previsiblemente será do 2%, cunha suba condicionada para os vindeiros anos polo incremento do PIB e o cumprimento dos obxectivos de estabilidade, que tanto un como o outro o Goberno xa prevé que non se van cumprir, CSIF, CCOO e UGT sorprendennos, uns dicindo que van convocar mobilizacións porque cobramos un 50% menos que noutras Comunidades Autonómas e outros falando de que hai que negociar novas subas salariais na Xunta de Galiza.

Cando se negociaba en Madrid e lles advertimos que esa suba era un insulto non pensaban o mesmo, porque eles si ían cobrar tanto xestionando o fondo de pensións dos empregados/as públicos/as do Estado como por formar aos seus propios delegados sindicais.

CCOO nos di: “Unha vez mais CCOO conseguiu o mellor acordo posible para as empregadas e empregados públicos...”

Pero si este era o mellor acordo posible entón que están pedindo agora? Ou non era o mellor acordo posible e tomáronos o pelo, ou si que o era e entón mobilizarse agora será unha tomadura de pelo.

CSIF "...ha firmado con el Gobierno de España un acuerdo de mejora de empleo público del que destacamos el pacto plurianual de mejora retributiva.”

De verdade? Un 1,5% é para destacar?

UGT o 31 de maio dinos que “El Acuerdo sobre empleo y salario de los empleados públicos está vigente y no tiene vuelta atrás” e que “A lo largo de los próximos tres años se producirá una recuperación de poder adquisitivo de entre un 3,4% y un 5,9%”.

Vamos que a suba debe ser sideral, pero daquel máis de 8% que anunciaban en tres anos a cousa pode quedar nun 3,4%.

A pesar de que o corpo nos pide non pactar nada con aqueles que asinaron un acordo lesivo para os empregados/as públicos/as a cambio de prebendas para eles, a CIG vai tratar de promover un entorno de confluencia para tratar de forzar a esta Administración e ao PP a pactar un acordo salarial real que teña por meta unha recuperación retributiva acorde ao que se perdeu, para o cal os sindicatos que asinaron o acordo do 1,5 terán que renunciar a defendelo e sumarse ás demandas da maioría dos empregados/as públicos/as.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...