Novas por contido

“O informe de sinistralidade do primeiro semestre de 2018, non recolle redución no numero de accidentes laborais a pesares das medidas preventivas implementadas”, esta é a conclusión que se deriva dos datos presentados polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

No Comite Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral do 25 de setembro de 2018, debátense os datos aportados dos que, aínda que escasos, destacamos:

  • Política Social leva cabeceira no número de accidentes seguida por Medio Rural nun semestre de pouco incendios. 121 partes en Política Social e 34 en Medio Rural. E 142 mulleres fronte a 43 homes en global na Xunta, polo que queda claro que as traballadoras de Política Social son as que mais accidentes teñen. Pola forma de accidente a maioría son sobreesforzos en centros de día, escolas infantís, residencias, servizo de incendios forestais...
  • A Xunta de Galiza culpa a elevada idade do persoal como posible causa dos accidentes, tamén de malos hábitos posturais e de repetición de dolencias previas. Ao fin con esto están a culpar as traballadoras e din que non se reducen os accidentes a pesar de que están a realizar moitas xornadas de formación e aplicar medidas nos centros (Política Social).
  • Houbo un accidente mortal no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Incendios Forestais, en Medio Rural (en investigación).

Dende a CIG denunciamos como causa a carga de traballo, sexa porque non se cubren as vacantes ou polo excesivo tempo de xornada laboral. Polo que REITERAMOS a necesidade da DERROGACIÓN da devastadora Lei de medidas 2/2012 que anulou o artigo 19 do V convenio e que o persoal RECUPERE O DESCANSO COMPENSATORIO. Necesitamos a xornada semanal de 35 horas, a xubilación parcial e a xubilación anticipada. Disto non queren nin falar e o Subdirector de Persoal atrévese a contestar á CIG que tempo de traballo non é carga de traballo, aínda que o propio Servizo de Prevención introduciu este factor á corrixir nos Plans de acción preventiva.

Demandamos mellores datos para poder facer unha valoración real, por centros, consellerías e a súa vez porcentaxes de xénero e idade e determinar medidas correctoras reais o que debera ser a finalidade do informe. Aquí o Servizo de Prevención manifesta ter “dificultades” xa que non teñen os datos de persoal por consellería e so teñen dos accidentados porque os “recollen manualmente dos partes de accidente”. ISTO É INAUDITO, COMO PODEN FACER PREVENCIÓN SE NON SABEN CANTO PERSOAL HAI, NIN ONDE ESTA ?

COA CIG SOMOS MAIS FORTES, LOITAMOS POLOS NOSOS DEREITOS!

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...