Novas por contido

Seguimos con avances escasos e lentos

Petición de realización de avaliacións de riscos psicosociais para varios centros
Pídense avaliacións de riscos psicosociais para varios centros, varias delas quedan acordadas facer, pero consideran que unha xeral para as Escolas Infantís da Axencia non procede, que mellor ir facendo segundo se vaia vendo a necesidade. 

Reparación chan e cornisas na RM de Oleiros
Xa se adoptaron algunhas medidas. A obra está en proceso de adxudicación e contan empezar a finais de este ano ou principios do que ven.

Falta de axudas técnicas e estado das existentes
Comunícase que hai moitos centros onde os medios que hai non funcionan ben, e están deteriorados. Trataran de ver cales son as necesidades.

Formación sobre prevención
Están traballando no tema. Enviarán información sobre os cursos que teñan pensado ofertar. Así mesmo tratarán de formar no manexo de desfibriladores que hai nos centros.

Simulacros e plans de emerxencia
Agora son os centros os que contratan o plan de autoprotección, tendo que encargarse de isto. Aínda que hai centros do CGSIB que non levan feito ningún, cuestión que quedaron de comprobar.

Realización de obras nos centros
A realización de obras importantes está a alterar o funcionamento de algúns centros de traballo cando estas se levan a cabo. Comunican que polo xeral se está a informar ao servizo de prevención de como estas poden afectar, de non ser así que llelo fagamos saber.

Situación protocolo de agresións e do proxecto de residencias libres de suxeicións
Para a vindeira semana pasarán o borrador do protocolo de agresións, para poder ir presentando as achegas que consideremos e ilo poñendo en funcionamento. En canto o proxecto de residencias libres de suxeicións queda moito que mellorar e avanzar.

Demora traslado residente conflitivo en centro de atención a persoas con discapacidade
Séguese pendente do tema, en espera de un centro apto para o seu traslado, non hai maneira de poder axilizar o tema.

Zocos adaptados
Hai varias solicitudes feitas do persoal, ao servizo de prevención, para que valoren a necesidade de que se lles faciliten uns zocos adaptados as súas necesidades. O servizo de prevención comunica que xa se empezaron a contestar varias de esas solicitudes, e que estas deben vir acompañadas de un informe do médico especialista detallando cales son as necesidades concretas que se precisan dos zocos, xa que a solicitude de zocos ortopédicos non serviría, xa que todos os que se están a dar son así.

Sobrecarga de traballo, cambios continuos de quendas, falta de cobertura
Existen varios colectivos onde se suprimiron os reforzos contratados durante a pandemia, sin que se poida deixar de facer as tarefas que se estaban a realizar e deixando ocos sen cubrir condicionando isto a cambio de quendas continuas, servizos mínimos seguidos, falta de descansos,... Así coma o problema de cobertura de moitas categorías onde non hai que faga as substitucións. Todo isto leva a unha sobrecarga laboral continua, problemas de conciliación, inestabilidade emocional,...
Din que o van a mirar, pero que todos estes temas teñen difícil solución.

Situación de avaliación de riscos psicosociales RM Ferrol
Houbo boa participación por parte do persoal, convocarase o grupo de traballo en breve.

Prestación de Risco para o embarazo nos centros de menores
Debido a cambios na guía, Ibermutua considera que se non hai rexistros de accidentes non hai tal risco, polo que a única solución que hai é realizar sempre rexistro de todas as agresións/accidentes, e que o persoal afectado faga reclamación, pero deberíase presentar documentación xustificativa.

Falta de cumprimento das medidas correctoras das avaliacións de riscos psicosociais nas EI do CGSIB
Non se está a implantar as medidas correctoras propostas nas avaliacións, manter informado o persoal, traballos de equipo, listas de contratación transparentes e xustas, cobertura de postos,...con tan boa sorte nesta xuntanza que a persoa responsable de xustificar todo isto tivo que ausentarse porque tiña outros asuntos, así que a única resposta foi que falaran con ela e nos darán unha resposta, cando??????..... a saber.

Recoñecemento médico no persoal xestionado polo CGSIB
Non están a facer as mesmas probas a todo o persoal por igual, así que se pide que unifiquen criterios e xestione igual en todas partes.

Previsión de visitas nos centros do CGSIB e a comunicación aos/as delegados/as
Non se está a facer a comunicación das visitas aos/as delegados/as de forma axeitada, algunhas chegan tarde e outras nin chegan. Tratarán de arranxar o problema e facer unha revisión dos correos.

Comunicación defectuosa no CGSIB entre servizos centrais e os centros
Hai un problema de comunicación entre servizos centrais e os centros, no relativo a comunicacións de reincorporación de persoal, adaptacións de postos,.... Quedaron de revisar a ver cal era o problema.


Continuamos na loita por mellorar as condición de traballo nos nosos centros!!!

 

Outras novas recentes

Martes, 07 Abril 2026

RPTs (bioloxía e cc. do ma, Fogga, Vivenda), oposicións SPIF, destinos, concursos de traslados, carreira (en MSF 07/04/26)

Asistimos á Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario o martes 7 de abril, para tratar varias propostas de modificación de relacións de postos de traballo (bioloxía, ciencias do mar, Fogga e Vivenda). Na rolda aberta de intervención falouse dos concursos de traslados, dos exames de oposición de SPIF, da oferta de destinos de Axentes, do Plan de Igualdade e da...
Venres, 10 Abril 2026

Persoal Non Docente e Cociñas: Asemblea aberta, mércores 15/04/26

A CIG convoca unha asemblea aberta a través de internet para tratar as condicións de traballo do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e do persoal de cociña en xeral. Debateremos unha proposta de Acordo de dereitos laborais, e falaremos das accións de loita que podemos seguir. Vai ser o mércores 15 de abril, ás 18:00 horas, a través de https://i.gal/pnd150426 A...
Martes, 14 Abril 2026

Corpos xerais: resolución do concurso de traslados e elección de destino

Este venres, 17 de abril, publícase a resolución do concurso ordinario de traslados dos corpos sen escalas de Administración xeral (corpos xerais). Previamente, ao longo da mañá do martes 14, será publicada a información no web de Función Pública. Na resolución non aparecerá a data de cesamento e toma de posesión, que será publicado posteriormente de xeito coordinado coa...