Novas por contido

Facendo unha declaración de intencións en toda regra, a recentemente nomeada conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez quixo homenaxear o Día Internacional dos Maiores e non tivo mellor ocorrencia que facelo visitando o luns 1 de outubro a residencia de maiores privada DomusVi, en Ribeira.

DomusVi é unha das 163 residencias de anciáns e de atención diúrna pertencentes a un grupo internacional, segundo din no seu web, “a maior rede de centros e servizos de atención ás persoas”.

A conselleira ten todo o dereito a visitar o que considere, pero por se o esqueceu, lembrámoslle que a consellería que dirixe dispón dunha rede pública de residencias de maiores e ben puido comezar as súas visitas por facelo a un centro de xestión pública.

Así, de paso, podería coñecer de primeira man as carencias en materia de persoal e medios así como os excesos que se producen nos seus centros.

Ai Fabiola, Fabiola, que mal comezas..!

Outras novas recentes

Xoves, 19 Novembro 2026

Oposicións acceso libre: corpos superior, xestión, administrativo, auxiliar; escala FOL; enquisador, (para 24/11/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Mesa Xeral e Mesa Sectorial para discutir as bases das convocatorias dos seguintes procesos selectivos. Se é do teu interese, podes contactar coa CIG: Corpo superior-A1. Acceso libre. 60 prazas. Oposición. Descargar Corpo de xestión-A2. Acceso libre. 57 prazas. Oposición. Descargar Corpo...
Martes, 24 Novembro 2026

Convocatorias de concursos-oposicións de promoción interna aos subgrupos A1, A2 e C2

No DOG do 24/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A1. - RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,...
Xoves, 19 Novembro 2026

Aplicación do Decreto 37/2006 e listas definitivas de PSX e xerocultura

No DOG do 19/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dispón a aplicación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na cobertura dos postos do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares...