O 21 de decembro de 2010, Función Pública presentou unha nova proposta de reforma das instrucións de funcionamento dos tribunais de selección.
As novas modificacións introducidas pola Administración, por proposta das OOSS, inclúen:
A clarificación do ámbito de aplicación das instrucións: procesos selectivos de persoal funcionario e laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia e dos seus organismos autónomos e demais entidades públicas cuxa selección estea encomendada a dirección xeral competente en materia de función pública.
Proponse a implicación da comisión técnica de seguimento e mellora dos procesos selectivos (con presencia das organizacións sindicais) na decisión sobre o modo de fotocopiado cando os medios propios da Administración non sexan suficientes.
Proponse a inclusión dun novo sistema de revisión de dos exercicios, para garantir a obxectividade da corrección.
No entanto, Función Pública continúa sen presentar ningunha proposta a reforma do sistema de designación dos membros dos tribunais, factor que a CIG considera de importancia fundamental para avanzar na mellora dos procesos selectivos.
Para descargar a proposta da Administración, premer aquí.
O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...