Novas por contido

No DOG do martes 19 de abril de 2011 publícase a Orde pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia:

PODERÁ PARTICIPAR:

-O persoal laboral fixo do grupo V en activo, con dous anos desde que accedese ao posto que veña desempeñando con carácter definitivo.

-O persoal laboral fixo do grupo V en excedencia voluntaria por interese particular, unha vez transcorrido o primeiro ano de permanencia nesa situación.

-O persoal laboral fixo do grupo V en excedencia voluntaria por incompatibilidade, agás o que a solicitase tras superar o proceso selectivo derivado da oferta de emprego público do ano 2005

ESTÁ OBRIGADO A PARTICIPAR:

-O persoal laboral fixo do grupo V removido dun posto de libre designación.

-O persoal laboral fixo do grupo V reingresado provisionalmente desde a situación de excedencia.

-O persoal laboral fixo do grupo V á disposición do secretario xeral ou adscrito provisionalmente a un posto por amortización do seu destino definitivo.

NON PODERÁ PARTICIPAR:

O persoal do grupo V que accedeu á condición de persoal laboral fixo na convocatoria derivada da oferta de emprego público do ano 2005, destino provisional, en suspensión de contrato ou en excedencia voluntaria. A este persoal ofertaránselle as vacantes existentes tras a resolución da primeira fase de resultas para a súa adxudicación con carácter definitivo.

Postos ofertados e fases de resultas.

Ademais de aos postos que figuran no anexo III, o persoal que o desexe poderá optar:

-Na primeira fase de resultas: aos postos da súa categoría que resulten vacantes como consecuencia da adxudicación dos postos ofertados no anexo III.

-Na segunda fase de resultas: aos postos de categoría distinta á de pertenza que resulten vacantes

-Tras a elección de destino definitivo dos aspirantes que superaron os procesos selectivos para acceder ao grupo V

SOLICITUDES:

Dirixidas ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Modelo de solicitude na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Prazo de presentación: 25 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...