Novas por contido

A consellaría de Economía e Industria quere reducir a actual Dirección Xeral de I+D+i á metade e afrontar unha futura Axencia de Innovación cun persoal diezmado e oposto frontalmente a este proxecto. Función Pública asegura que non ten coñecemento do borrador nin das xuntanzas cos sindicatos.

Esta semana a consellaría de Economía e Industria achegaba ás organizacións sindicais, con menos de 24 h de antelación, o proxecto dos estatutos da nova axencia que ían acompañados dunha modificación da actual Dirección Xeral de I+D+I. Todas as organizacións sindicais manifestaron o seu rexeitamento tanto ás formas como ao fondo. As formas: mandar un documento de tanta importancia e complexidade con 24h de antelación a súa discusión, reducindo a negociación colectiva a un simple formalismo. O fondo: eliminar persoal da dirección xeral de I+D+I porque “sobra” e logo construír una axencia que contratará persoal a discreción porque “falta”. 


Os traballadores e traballadoras en contra

Nunha asemblea mantida por representantes da CIG co persoal da Dirección Xeral de I+D+I, estes mostraron o seu malestar co proxecto da Axencia Galega de Innovación. Queixáronse de que só reciben información desta organización sindical ou da prensa e nunca dos directivos da consellaría. Observan con desconfianza a desestruturación do órgano competente galego en materia de I+D+I e o traslado ao que catalogan como “chiringuito”. Esta cualificación non é gratuíta dado que na futura Axencia se integrará tamén parte da Fundación Fomento Calidade Industrial sobre a que pesan diversas denuncias xudiciais e ante a inspección de traballo por causas de represión sindical, acoso laboral, contratacións en fraude de lei, etc. Mesmo chegan a dubidar da legalidade do movemento discrecional de parte dos traballadores para outras unidades da consellaría, quedando só parte destes para a futura axencia. “Ou nos imos todos ou nos quedamos todos” afirman con rotundidade e se declaran dispostos a mobilizarse.


Millóns de euros en subvencións a empresas en terra de ninguén.

A Dirección Xeral de I+D+i ten asinada unha encomenda coa Fundación Fomento Calidade Industrial polo cal este ente externo á Administración serve de APOIO ás labores propias desta dirección xeral. A realidade parece ser a contraria, sendo os responsables da Fundación os que exercen como directivos da propia Administración.

O traballo do día a día fai que centos de expedientes saían da dirección xeral con destino á Fundación e nalgúns casos puntuais cara a servizos tecnolóxicos externos da propia fundación, nun presunto incumprimento da lexislación de protección de datos en temas tan sensibles como poden ser a propiedade industrial. Moitas persoas interesadas achéganse ás oficinas da dirección xeral preguntando polo seu expediente e é alí fican abraiados cando teñen coñecemento que “iso o levan na Fundación”. Os teléfonos de información que se refiren ás axudas que se publican no DOG son na maioría dese ente e mesmo en guías de representación internacional aparecen nomes do persoal  desa fundación como “representantes da dirección xeral de I+D+I”.

Os traballadores da dirección xeral queixáronse moitas veces do baleiro de traballo e de responsabilidade aos que os someteron nos últimos 2 anos. “A semana pasada trasladaron outros 80 expedientes” afirma unha traballadora “e terminarán facendo o mesmo co resto, xa que con esta reforma deixarían unha xefa de servizo e unha auxiliar administrativa para xestionar 800 expedientes de subvencións a empresas”.


O órgano da Xunta competente en Función Pública e Facenda non ten coñecemento.

A pesar de que este proxecto leva aparellado un incremento de gasto evidente e que afecta a dereitos fundamentais dos empregados públicos, o director xeral de Función Pública asegura non ter constancia deste movemento da consellaría de Economía e Industria. No deseño das outras dúas axencias galegas (a de Infraestruturas e a de Modernización Tecnolóxica) sempre estivo presente Función Pública co obxecto de garantir un deseño homoxéneo destes novos entes.


Desde a CIG-Autonómica valoramos como moi grave este feito e rexeitamos de plano este proxecto de axencia. Un proxecto que resulta insólito nunha época de crise, desaproveitando os recursos propios en materia de persoal e pretendendo contratar persoal novo a dedo. Poñémonos á disposición dos traballadores para levar a cabo todo tipo de mobilizacións en defensa dos seus dereitos.

Nota de prensa remitida aos medios

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...