Novas por contido

O venres 05/08/2011, a CIG-Autonómica vén de presentar un recurso potestativo de reposición contra Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG 26/07/2011), pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información.

O motivo do recurso é que a referida convocatoria non recolle a posibilidade de que os aspirantes da quenda de promoción interna opten pola conservación da nota do primeiro exercicio da convocatoria anterior, incumprindo a Base II da Orde de 21/11/2008 na que se recolle esta previsión.

Desde a CIG-Autonómica, instamos á Administración a que se respecten os dereitos e intereses lexítimos dos aspirantes de promoción interna, cumprindo os acordos e disposicións vixentes.

Descargar o recurso potestativo de reposición presentado pola CIG

Outras novas recentes

Mércores, 30 Setembro 2026

A CIG reclama unha comisión paritaria e negociación real antes da aprobación do plan anual de formación 2027 da EGAP

A CIG vén de instar á Dirección Xeral de Emprego Público a constituír e convocar a Comisión Paritaria de Formación para o Sector da Autonómica e a garantir a negociación efectiva da formación antes de que o plan anual 2027 sexa aprobado polo Consello Reitor da EGAP; así como antes da aprobación dos restantes plans específicos de formación do sector. A formación non pode...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...