Novas por contido

Comunícanos Función Pública a data do 30 de novembro para o acto de elección de destino para os seguintes procesos selectivos:

  • Corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2 (OPE 2009). Ver listaxe de postos

  • Corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática (OPE 2011) Ver listaxe de postos

  • Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas (OPE 2009) Ver listaxe de postos

Salvo o corpo auxiliar para o que a elección de destino se ofertará destino definitivo, para as escalas de A2 informática e ETOPS ofertarase en destino provisional. Cómpre destacar que estos destinos provisionais son a consecuencia da desmesurada demora na convocatoria dos diferentes concursos de traslados que supera ampliamente o prazo legal.

Engade Función Pública no seu comunicado unha serie de observacións ao respecto dos postos que decaen das listaxes orixinais. O máis destacable é con relación á escala do A2 informática do que eliminan unha serie de prazas porque "van ser modificadas sustancialmente e/ou amortizadas" na vindeira elaboración da RPT da Axencia de Modernización Tecnolóxica. Desde a CIG-Autonómica denunciamos esta práctica habitual, por parte das diferentes consellarías ou entes, de "apartar" postos baixo esta xustificación sen que haxa unha negociación en marcha nin unha data orientativa para levala a cabo. Por outra banda, a dita actitude resulta paradigmática da privatización galopante de certos servizos públicos onde as amortizacións están sendo moi agresivas por parte da Xunta.

Decaen das listaxes orixinais os seguintes postos:

  • A2 informática: CU.C04.00.006.15770.006, ED.C02.00.004.15770.012, ED.C02.00.004.15770.049, TR.C02.00.005.15770.036 e TR.C02.00.005.15770.049. Motivo da Administración: estas prazas van ser modificadas sustancialmente nas súas características e/ou amortizadas.

  • A2 ETOPs: MA.X99.10.001.15001.018 Motivo da Administración: está ocupado por un funcionario interino con estabilidade (disposición transitoria 8ª do Texto Lexislativo 1/2008 do 13 de marzo), polo que éste tería que ser readscrito, e tendo en conta que o destino se adxudica ao persoal de novo ingreso con carácter provisional e non definitivo, procédese a excluir o dito posto da relación orixinal.


Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...