Novas por contido

En lugar de apostar por unha austeridade que non dane os servizos públicos nin agrida ao persoal que os desenvolve, o Goberno galego prefire seguir esgotando os cartos públicos para financiar os aguinaldos das grandes empresas e corporacións, moitas das cales exercen de ETTs na propia Xunta de Galiza.

Da Plataforma de contratación quitamos a información dunha nova adxudicación doutro contrato negociado sen publicidade, ou sexa “a dedo”, para a corporación norteamericana Microsoft. Desta volta por valor de 151.038,70 EUR (IVE excluído).

O obxecto do contrato é dotar dun “soporte altamente especializado en tecnoloxías Microsoft para a resolución de problemas que xurdan no desenvolvemento de proxectos baseados nas tecnoloxías de produtos Microsoft”. Ou falando en prata: coma dependemos de programas propietarios, se hai algún problema hai que pagarlle tamén a Microsoft porque ninguén máis pode modificalos.

Estes tipo de contratos nacen da pedra que se atou ao pescozo á Xunta coa renovación das licenzas Microsoft por case 5 millóns de euros. Daquela, esta adxudicación foi publicada como austera xa que se unificaban estes pagamentos a través dun órgano único: a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Porén, hai consellarías da propia Xunta, coma Mar, que seguen sacando os seus propios concursos para licenzas de Microsoft.

A verdadeira austeridade tivera sido a aposta decidida polo software libre, de acceso universal, e cun mantemento e mellora que pode ser desenvolto de xeito local cun custo máis reducido. Este tipo de contratos con Microsfot van claramente na dirección contraria ás intencións do Presidente da Xunta de apostar pola austeridade no apartado informático e, específicamente, na implantación do software libre.

As intencións demóstranse con feitos, coma xa fixeron outras administracións públicas, ao substituír o software propietario por software libre, sen que iso lles supuxera ningún trauma; máis ben todo o contrario de cara á facenda pública. Desde a CIG-Autonómica denunciamos a evidente dilapidación que supón tirar os cartos da cidadanía desta maneira e, ao mesmo tempo, esiximos ao goberno galego que cumpra a súa palabra de implantar o software libre na Administración autonómica.

Descarga os datos da adxudicación

Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...