Novas por contido

A Dirección Xeral da Función Pública mantivo unha xuntanza coa CIG e o resto das organizacións sindicais na que se trataron o Decreto de Integración e a elección de destino de persoal laboral grupo V da OEP 2005.

1. Decreto de Integración

En relación ao Decreto de Integración, Función Pública presentou o texto definitivo e manifestou que xa foi elevado ao Consello da Xunta. Descargar

A CIG censurou o proceder da Administración, por presentar un texto despois de que xa esta aprobado polo Consello da Xunta, o que reduce o dereito á negociación colectiva a un formalismo baleiro de contido. En todo caso, as modificacións engadidas ao texto, tanto por parte do Consello Consultivo como por parte dos Servizos Xurídicos non propiciarían un cambio na valoración do texto por parte da CIG.

Desde a CIG preguntouse que vai a pasar co persoal interino das axencias, consorcios, etc. que se integran, sen obter unha resposta con contido por parte da Administración. Así mesmo, a CIG lembrou que está prevista unha próxima xuntanza para negociar as oposicións do consorcio e que non parece axeitado que se fagan oposicións nun ente para que se integren despois, e non se regule a situación na que ficará o persoal temporal dese mesmo ente. Ao mesmo tempo solicitamos que no caso de que se fagan oposicións en calquera ente antes da integración se adapten as categorías ás do V Convenio, xa que de non ser así a materialización da integración complicaríase enormemente.


2º.- Elección destino persoal laboral grupo V provisionais do ano 2005.


Función Pública informou que saen todas as prazas que quedaron do concurso, incluídas as das resultas e, nalgún caso, mesmo as das segundas resultas. Así mesmo, informou de que, logo de contactar coas distintas consellerías, a toma de posesión está prevista para mediados de xuño.


En relación ás prazas, a Administración informou o seguinte:

Grupo V Categoría 010E

Hai 24 aspirantes e ofertan 24 prazas.

Cultura solicita a retirada de dúas prazas para a súa amortización, son na Biblioteca de Lugo os códigos rematados en 062 e 065 corresponden cos números 3 e 4. Función Pública anunciou que non as vai a retirar da elección de destino pero si que vai a poñerlle unha observación de “a amortizar”

Os números 5-6-20 e 22 que pasan a ser 10E e xa figuran co B14

Grupo V Categorías 001 e 011

Ofertan todas as prazas do concurso e resultas, nos contestaran por escrito si hai algún erro cos códigos que lle entregamos ou a razón pola que se retiran. A petición das Consellerías teñen proposta de amortizacción de 14 prazas

Grupo V Categoría 003


Fan falta 66 prazas para a toma de posesión (comentóusenos por parte da Administración que previsiblemente serán 65, xa que unha persoa aspirante non ía elixir destino)

No listado están todas as prazas que hai na categoría:
30 vacantes do concurso
16 resultas
1 segundas resultas

As outras 22 prazas que se ofertan non concurso dúas prazas as retiran: 1 a de Garda de San Cibrán de Lás (por que non hai local físico onde o/a garda poida traballar) 2 Ordenanza na Xefatura Territorial da Coruña, xa que está ocupada por unha adscrición temporal por amortización de posto despois do concurso e esta persoa non poido participar nel.

As prazas 12-13-14-15-16-18, todas de Cultura, sairán coa coletilla “a amortizar”

Sae a elección de destino e non foi a concurso a praza de Sta Mª de Europa, cod. ......32001.020 coa mesma coletilla.

3 postos máis de diferentes consellerías saen tamén coa mesma coletilla.

A da Residencia do Maior do Carballiño ofértana por que é unha xubilación aos 64 anos e produciuse despois do concurso e remata o día 12 de xullo de 2012.

10 prazas máis que se xeneraron con posterioridade ao Concurso de traslados.

Grupo V Categorías 002 e 012.

Sorpresivamente, a Administración anuncia que se ofertan 10 prazas que foran retiradas do concurso porque cumprian os requisitos da estabilización, xa que están ocupadas por persoal laboral temporal desde antes do 1 de xaneiro de 2005. O argumento é que non teñen prazas e non poden crear máis prazas.

A praza de Ferrol que foi amortizada e non poido participar no concurso será retirada.

Os primeiros en elexir destino serán os da Categoría 012  e despois da 002.

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...