Novas por contido

Iso a pesar da reafirmación de onte de Feijóo na súa intención de recortarnos as extras pero que nos daría "flexibilidade e teletraballo". Hoxe pola mañá, trala concentración en San Caetano, membros da Xunta de Persoal e Comité de Empresa tiveron unha xuntanza con grupo parlamentario Popular. Na dita xuntanza trasladóuselle a inquedanza e o cabreo das traballadoras e traballadores públicos amosadas nas asembleas.

Quíxose destacar que a motivación da reunión vai máis aló do estritamente económico con relación á demanda xusta da percepción das pagas extras completas como o persoal público do Estado xa as tivo no 2013 e as volverá ter no 2014; nese sentido destacaron que “non son traballadoras e traballadores públicos de segunda” e que non os traten como tal. Cómpre recordar que co eventual recorte do 2014 as traballadoras e traballadore públicos da Xunta terían un diferencial de perda de poder adquisitivo dunha media do 8% respecto ao persoal do Estado (que ten un % de déficit público moito maior).

Por outro lado, destacouse como un elemento aínda máis importante a defensa dos Servizos Públicos e a frontal oposición ás privatizacións. Puxéronse enriba da mesa casos concretos de traballos de Administración Xeral en mans de asistencias técnicas (consellaría de Medio Ambiente, MATI, Instituto Galego de Consumo, etc, etc.).Non entenden como se pode asegurar que “sobran traballadores públicos” e logo seguir contratando servizos que pode realizar o persoal propio con empresas de fóra.

Resaltouse a necesidade que o grupo político que apoia o Goberno impulse as medidas lexislativas necesarias para deixar de xustificar as amortizacións dos postos vacantes e logo dado que “non hai xente” xustificar as contratacións externas. Resulta necesario facer as modificacións precisas na lexislación para que o que se gasta en capítulo VI baixo o incorrecto epígrafe de inversións se traslade ao capítulo I, algo que a Xunta só vén facendo por sentenzas xudiciais que veñen de dárlle á razón á Xunta de Persoal e Comité de Empresa na denuncia desta realidade.

Por último, demandan que na “defensa dos Servizos Públicos” se teña en consideración ao persoal de Administración Xeral que “só move papeis” e fai real a prestación doutros servizos máis “agradables” como a Sanidade ou a Educación, pero sen deixar de lado que ademais de Sanidade ou Educación existen outras prestacións que merecen o mesmo recoñecemento como os Servizos Sociais, as diversas labores inspectoras, etc.

Como nota anecdótica destacaron o sinxelo que resulta reunirse cos deputados do grupo de Goberno e o imposible moitas veces de acceder a un Vicesecretario Xeral dunha consellaría para tratar de solucionar un problema das traballadoras e traballadores de Servizos Centrais, dándoselle un toque para que lle pasen recado ás secretarías xerais de cada consellaría que amosen un pouco máis de respecto cando os órganos de representación ou as centrais sindicais lle demandan tan “só” unha reunión. Accederon a "dar este toque".

Por parte do grupo parlamentar Popular din “descoñecer o contido do anteproxecto de lei de orzamentos” pero que aínda se está a tempo porque non chegou ao parlamento e “hai marxe de negociación”. Nese sentido,  comprometéronse a trasladar a Facenda e Función Pública as nosas demandas. Curiosamente, ao contrario que o Presidente da Xunta, din que “estamos mal” aínda que “mellor que noutros lados” (eses mesmos lados onde os traballadores públicos cobraran as extras completas). Insisten nas dificultades económicas e no teito de gasto (que eles mesmos se autoimpuxeron) e que un Goberno “ten que facer o que ten que facer...”. Abriuse un pequeno debate sobre a necesidade de estimular o cerebro non só nos recortes senón na captación de financiamento e tamén do que se gasta en privatizacións se leve a cabo co persoal propio.

Neste último punto, non deixaron claro que compromisos adoptarán sobre as asistencias técnicas e privatizacións, se ben deixaron a porta do seu grupo parlamentar aberta para calquera cuestión. Desde a Xunta de Persoal e Comité de Empresa reuniranse para a semana ao respecto da documentación e aspectos concretos que desenvolver con todos os grupos.

Por suposto, visto que non lles costa nada, no apartado da dignificación déronlle todo o seu recoñecemento ás traballadoras e traballadores moi similar ao que comentou tamén o Presidente da Xunta, porén nada comentaron do carameliño reseso co que ía a recompensalos este: o da flexibilización clientelar e teletraballo para o 1% do cadro de persoal. Agora ben: houbo que dárlle un toque cando por Administracion xeral entendían simplemente técnicos medios e superiores e deixaban de lado administrativos, auxiliares ou subalternos que tamén son traballadoras e traballadores públicos.

Xa antes de rematar se lle comentou que valoraran o custo político que lles vai traer as mobilizacións que se están facendo pero sobre todo que a xente está “quente” e ten ganas de comezar a soltar en que variopintas cuestión se gasta o diñeiro a Xunta que non ten nada que ver cos Servizos Públicos. Recordóuselle que non protestamos por deporte, que a ninguén lle gusta mollarse baixo unha choiva como na concentración de hoxe, pero que se non hai un cambio na súa actitude continuaremos coas mobilización previstas. Achegouselle por último copia dos acordos tomados nas diferentes asembleas.

Outras novas recentes

Sábado, 16 Mai 2026

Educacion 0-3: Sr. Rueda, non bote balóns fóra. Esta guerra é contra vostedes!

As competencias en todas as etapas educativas, tenas de xeito exclusivo a Xunta, non o Goberno español, como quere facer crer Rueda e, polo tanto, é a Xunta a que ten na súa man estabelecer en que condicións hai que prestar este servizo público.  Seica as competencias en Educación son do Goberno español! Que morro teñen!! En declaracións recentes, o presidente da Xunta de...
Martes, 19 Mai 2026

Escola infantís: ten Función Pública todo previsto para o inicio do curso escolar en setembro?

E quen será a dirección nas escolas do Consorcio… (será un paquete sorpresa?) Na mesa de negociación de hoxe, 19/05/26, dende a CIG quixemos trasladar unha serie de cuestións que preocupan ás traballadoras das escolas infantís, e así vimos recollendo, ante a previsión de comezar o vindeiro curso 26/27 nos novos destinos e así non interferir no traballo educativo que supón o...
Mércores, 20 Mai 2026

Proceso selectivo da escala auxiliar de cociña: resolución do tribunal sobre varios asuntos

Podes consultar a resolución do DOG. No DOG de hoxe 19.05.26, publícase a Resolución do 11 de abril de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade...