Novas por contido

Os asuntos que están enriba da mesa son de tanta importancia e para tantos compañeiros e compañeiras, que non vamos aceptar que o despachen nunha xuntanza sen tempo a estudar en serio as cousas.

A Dirección Xeral de Función Pública convocounos a dúas xuntanzas para o venres 20 de maio, nas que se van tratar os criterios e o decreto de oferta derivados da Lei 20/21 (de abuso da temporalidade), tanto para os postos da Administración da Xunta, como para as escalas sanitarias (escalas de administración que son xestionadas por Sanidade). Tamén vai a RPT de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a RPT de Cultura. A maiores de termos que revisar moitísimas actas atrasadas de Mesas Xerais e Mesas Sectoriais de Funcionarios que deixaron acumular.

A convocatoria e toda a morea de documentación para esas xuntanzas achegáranola o mércores 18. Por minutos non deixan sequera 48 horas entre convocatoria e o comezo da primeira reunión.

Contábamos, xa que logo, co xoves para preparar todo o armatoste. Pero debeulles parecer pouco que puxeron en marcha a táctica de saturar ás persoas que teñen que negociar en representación do persoal. Así, o mesmo mércores 18 fomos convocados para unha xuntanza previa para o xoves 19 co director xeral de Función Pública para tratar os mesmos asuntos do día seguinte, venres 20. Esto é, que nos eliminaron o día que tiñamos para estudar a documentación, verificar a existencia de cambios en base ás alegacións presentadas e preparar a resposta.

En paralelo, recibimos tamén a convocatoria para outra xuntanza previa, tamén para o mesmo xoves 19, con Sanidade, para tratar os criterios e OEP das escalas sanitarias e que tamén se tratarían en Mesa o venres 20. Outra xuntanza para o día 19, e por tanto tamén sen tempo para estudala.

Para maior fartura, a proposta de OEP de escalas sanitarias iría a dúas xuntanzas "paripé", en días consecutivos, sen tempo a que valorasen nada do que os sindicatos puideramos manifestar, pois Sanidade xa levou esa documentación a unha mesa de negociación coa representación sindical do persoal estatutario, cando saben sobradamente que as escalas sanitarias son persoal funcionario de administración e por tanto somos nós os lexítimos e lexítimas representantes do persoal, e non o persoal estatutario. Esta claro que non van mover unha vírgula nin mellorar a esfameada oferta de emprego.

En definitiva, que para facer o primo que non contén connosco, e advertímoslles que se observamos o máis mínimo buraco xurídico, iremos por el. Isto non é negociar: e vacilar ao persoal empregado público.

Verémonos con Función Pública e con Sanidade o venres 20, na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos e na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...