Novas por contido

Función Pública ven de remitirnos a proposta de modificación de RPT da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade, que afecta basicamente a postos da Área de Cultura e en concreto da Dirección xeral de Patrimonio Cultural e areas de cultura das xefaturas territoriais.

Estamos a falar de postos de persoal arqueólogo e arquitecto; postos que son creados agora despois de que o aumento exponencial de emisión de informes fose solucionado ilegalmente coa contratación de persoal de Tragsatec a través de encomendas de xestión. A CIG denunciou xudicialmente esta trapallada e despois de catro anos, e tras a correspondente sentenza que nós dá a razón, a Administración recúa. Pero non todo está ben, pois:

  • Créanse 14 prazas: 8 da escala de arquitectura e 6 da de arqueoloxía.

  • Tanto en SSCC como en Xefaturas territoriais; de arquitectura 4 son en Servizos Centrais e unha en cada xefatura. Das de arqueoloxía son dúas en Servizos centrais, 2 en Lugo e 2 en Pontevedra.

  • Todas son prazas base nivel 20, e iso non o admitimos, son prazas de nivel técnico, co requisto de carnet de conducir, fan labores de inspección e elaboración de informes. Reclamamos un nivel superior.

  • As denominacións non son axeitadas, non se poden denominar en xenérico praza base A1; pertencen a escalas técnicas da Adminsitración especial, deben denominarse persoal arquitecto e persoal arqueólogo.

  • A Xunta xa gastou cerca de 2 millóns e medio de euros nas Encomendas con Tragsatec e agora racanea no número de postos e non nivel dos mesmos.

  • De feito estaba a gastar coa empresa externa arredor de 600.000 euros anuais de media e agora pretende invertir menos ao nomear persoal funcionario público.

A CIG non vai admitir rebaixas ao mínimo na creación de emprego público. Satisfácenos que se creen prazas novas, pero non foi pola acción da Xunta (xa poderían telo feito no 2018) foi pola constancia e tenacidade na denuncia deste sindicato e das protestas dos traballadores.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...