Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública enviou aos sindicatos a listaxe de postos para os concursos de traslados de corpos xerais e de enxeñarías+enxeñarías técnicas+ciencias+arquitectura+arquitectura técnica.

Dan de prazo para presentar alegacións ata o venres 9 de febreiro. É dicir, dous días, para revisar 2866 postos de corpos xerais e 631 de especial, total 3.497 postos a revisar en dous días. Claramente é imposíbel facer as cousas minimamente ben, polo que xa anunciamos que non vamos a respetar ese prazo, nin apoiaremos co noso voto un concurso no que non se nos permita revisar a oferta de prazas.

A razón destas presas témola clara: levan anos retrasando os concursos, levan tempo incontable sin respostar ás nosas preguntas das datas para a negociación e convocatoria dos concursos. E de súpeto, a menos de dúas semanas das eleccións ao Parlamento de Galiza, sorpréndennos a todos e todas e queren liquidar os asuntos en cousa de días, para que estea convocado antes das eleccións.

Se é do teu interese, podes descargar os concursos aquí:

Se sabes de prazas vacantes que non ofertan podes contactar coa CIG. Asegúrate de que son vacantes, que non existe titular con dereito a reserva do posto. Para reclamar necesitamos o código do posto. Para conseguilo, podes consultar a RPT no web de Función Pública, ou preguntar no teu servizo de persoal.

 

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...