Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón.

Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG.

O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza previa o mércores 24. Supoñemos que falaremos de cando van a convocar o concurso, pero en todo caso, a nosa información é que convocarían en maio. Informaremos.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 19 Novembro 2026

Aplicación do Decreto 37/2006 e listas definitivas de PSX e xerocultura

No DOG do 19/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dispón a aplicación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na cobertura dos postos do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares...
Xoves, 19 Novembro 2026

Oposicións acceso libre: corpos superior, xestión, administrativo, auxiliar; escala FOL; enquisador, (para 24/11/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Mesa Xeral e Mesa Sectorial para discutir as bases das convocatorias dos seguintes procesos selectivos. Se é do teu interese, podes contactar coa CIG: Corpo superior-A1. Acceso libre. 60 prazas. Oposición. Descargar Corpo de xestión-A2. Acceso libre. 57 prazas. Oposición. Descargar Corpo...