Novas por contido

Un novo escándalo sacude o sistema de residencias privadas de maiores da Xunta de Galiza que, a través da Consellería de Política Social, mantén aberta e financia unha residencia de maiores sancionada por maltrato e neglixencias.

A recente confirmación xudicial das sancións impostas á residencia “Nuestra Señora de Fátima” do Barco de Valdeorras por maltrato e neglixencias puxeron ao descuberto unha grave crise no sistema de protección ás persoas maiores en Galiza. A decisión da Xunta de manter aberta e financiada esta residencia, a pesar das evidencias dun funcionamento deficiente e da vinculación con actividades ilícitas publicadas en medios de comunicación no ano 2023, plantexa serios interrogantes sobre a responsabilidade das autoridades e das posibles consecuencias legais e políticas.

A pesar de ter sido sancionada cunha multa de 38.000 euros, por graves irregularidades, entre as que se inclúe a falta de alimentación adecuada e a subxección ilegal dun usuario, a residencia “Nuestra Señora de Fátima” continúa operando con permiso da Xunta de Galiza. As inspeccións realizadas no 2019 e 2020 puxeron de manifesto un cúmulo de deficiencias no centro, que foron confirmadas polo Tribunal Superior de Xustiza.

Con todo, pasados xa catro anos das faltas, a Administración autonómica non só mantivo a autorización da residencia senón que ademais segue a financiar varias das súas prazas. Esta decisión resulta especialmente rechamante tendo en conta que a Xunta tivo que intervir o centro logo da morte de 17 persoas durante a pandemia da COVID-19.

Asemade, o ex-administrador da “Fundación Nuestra Señora de Fátima” denunciou publicamente a presunta vinculación deste negocio co sector do alterne.

Ante estes feitos tan graves, a CIG exixe á Xunta unha explicación detallada sobre os motivos polos cales permite a continuidade dunha residencia cun historial tan cuestionable. Asemade, solicitamos que se revoque de inmediato a financiación pública a este centro e se realicen novas inspeccións para garantir a seguridade e benestar dos/as residentes do centro.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...