Novas por contido

A neglixencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co apoio da Xunta de Galiza deixa aos maiores do Fogar Residencial de Taboadela nunha situación límite por falta de persoal, queremos lembrar que soamente hai unha persoa na quenda de noites.

O CAPM de Taboadela, de xestión Pública onde a falta de persoal na quenda de noite está a provocar unha grave desatención dos usuarios/as, especialmente dos grandes dependentes.

O Xerente do CGSIB é máis que coñecedor desta problemática. Esta situación non é froito da casualidade senón da política de recortes e desinvestimento do público que está aplicando a Xunta de Galiza, mentres presumen da apertura de novos centros de xestión privada, permite que os centros públicos esmorezan.

Segundo as queixas do persoal traballador do centro, o persoal xerocultor/a encargado/a da queda de noite non pode facer fronte dos/as grandes dependentes “é imposible realizar cambios posturais necesarios”, o que provoca dores e mal estar nos/as persoas residentes.
Tampouco se lles pode cambiar os cueiros coa frecuencia requirida debido á falla de mans, “movémolos como podemos”.

Dende a CIG non toleraremos que se siga facendo política de escaparate, mentres a calidade da vida dos nosos maiores está nas súas mans!
Queremos lembrar que esta residencia xa foi obxecto dunha denuncia da CIG, ante a Valedora do Pobo, para obrigar ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e ao Concello a realizar as obras necesarias na estrutura do centro.

De novo, temos que facer pública a nosa denuncia da situación límite que ten o CAPM de Taboadela, pola falla de persoal na quenda de noite debido ás políticas sociais na Xunta de Galiza, dado que as ratios de persoal nestes centros residencias son de 24 horas, e non por quendas.

“A CIG non vai permitir este desmantelamento do público e esixe ao Consorcio e á Xunta de Galiza que asuman as súas responsabilidades políticas e actúen de inmediato”.

É hora de que os nosos dirixentes políticos deixen de mirar cara outro lado e garantan un futuro digno e de calidade, para os nosos maiores, investindo de verdade nos servizos públicos e non só en intereses privados.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...