Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocou aos sindicatos para o venres 13 de decembro, a negociar a Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2024 que xa anunciaron á prensa fai semanas. Tamén traen a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consorcio, que afecta a máis de 1.800 postos de traballo.

Engaden na orde do día outras dúas misteriosas RPT. Dunha só sabemos que é unha modificación "de postos de traballo de administración xeral e de administración especial", sen máis información. A outra é unha modificación da RPT de funcionarización de postos de administración especial de C1 e C2.

De todos estes asuntos, tan só aportan a RPT de Consorcio (descargar). Do demais, nada, nin documentación nin información.

A vontade negociadora das persoas responsábeis políticas da Función Pública galega podémola observar en que non só non envían documentación ou información da maioría dos asuntos, senón en que toda a negociación vaise concentrar no mesmo día, o venres 13.

A maiores, na orde do día vai tamén a OEP do ano 2024 das escalas sanitarias (Lei 17/1989). Pero neste caso xa tivemos unha xuntanza previa con Sanidade o martes 10.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...