Cando a Xunta, CCOO e UGT decidiron que perdéramos un ano de carreira (lembra que no 2021 deixaron sen acceso ao grao II aos subgrupos C1, C2 e AP) intentaron xustificalo dicindo que unha sentenza da CIG do 2021 impedira que eles aprobaran no 2020 a convocatoria para o grao II (debía de tratarse dun efecto cuántico que fai que as consecuencias se manifesten antes que a causa).
A realidade foi mais vulgar: non se aprobou porque eles decidiron non facelo e así chantaxearnos para que retiráramos a demanda interposta para que 7.000 persoas puidesen acceder ao sistema de carreira porque sabían que ían perder (ao igual que se perdera xa noutras tres CCAA).
Con esta nova negociación da carreira, UGT quere volver a difundir o mesmo bulo e dinos nun libelo: “Xa tivemos un ano perdido na carreira extraordinaria a causa dun desatino sindical sen precedentes, neste caso colaboracionista cunha Administración á que lle saían mellor as contas suspendendo o dereito. A nosa preocupación medra...”
Precisamente os colaboracionistas co patrón que impediron que 7.000 persoas interinas e temporais puidesen acceder á carreira, os mesmos que nos pediron “de parte del director xeral...” que retiráramos a demanda, queren sementar o medo e que os eximan de responsabilidade. Minten cun sangue frío que lembra a Carlos Mazón.
