Novas por contido

O pasado 17 de setembro tivemos unha xuntanza coa Consellaría de Merio Rural na que se tocaron os seguintes puntos:

1. Creación dun grupo de traballo para a determinación das funcións dos Axentes no ámbito da Consellería do Medio Rural para o novo regulamento da escala.

A Administración incumpriu varios acordos onde se comprometía a negociar un novo Regulamento de funcións. Solicitamos que tomen como documentos de partida a Lei 4/24 Básica de Axentes Forestais e Medioambientais e o borrador conxunto do Regulamento presentado polas OOSS no ano 2017. Que a Administración cree grupos de traballo serios e con vontade de avanzar. A Consellaría de Medio Rural comprométese a crear os grupos de traballo e comezar polas funcións e vai a valorar se posteriormente se crean subgrupos separados por áreas funcionais, ou un único grupo de traballo. Esixiremos que se sente Medio Ambiente para que o Regulamento que sexa para toda a escala.

2. Proposta de modificación do Acordo de condicións de traballo das escalas de Axentes.

Na reunión celebrada o 9 de Agosto, pedírase que as reunións foran conxuntas coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, para tratar un único acordo de condicións para todas e todos. É necesario revisar:

  • Adaptar os horarios para facilitar a xestión das quendas, para o desprazamento de unidades operativas e movemento de medios entre distritos forestais (10 h)
  • Non se considera suficiente a suba proposta por a administración dun nivel, hai que equilibrar coa responsabilidade do complemento de Destino.
  • É necesario que se aboen as gardas de fin de semana e festivos en período ordinario.
  • As noites en período ordinario a un prezo acorde para o persoal que que realizan traballo nocturno. 
  • Aclarar que se poden solicitar as vacacións por días hábiles e os AP, pois temos dereito como o outro persoal a quendas a solicitar por día de quenda, cousa que nalgúns sitios non se está facendo.

A Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural, di que toma nota e vai proceder a estudar as propostas. Mandará un calendario de reunións, e acordase que as OOSS mandemos por escrito as demandas solicitadas, tomando como borrador inicial o texto do acordo de condicións de traballo do ano 2019, e a orde de horarios.

As OOSS loitaremos para que as condicións sexan iguais para os axentes de Medio Ambiente e se solucionen as eivas que quedaron no anterior acordo.

3. Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT)

A Consellaría de Medio Rural informa que a intención que ten é a de facer unha proposta de modificación da RPT para plasmar a subida de 1 nivel tal como se nos propuxera na anterior reunión.

Dende a CIG propuxemos:

Análise das cargas de traballo por distritos e consellerías para ver de incrementar prazas onde se detecten carencias.

  • Demandamos varias prazas de nova creación tal como reflectían as medidas 26 e 27.

- Medida 26: a creación dos Equipos Forestais de Investigación. Haberá un mínimo de tres axentes dos Equipos Forestais de Investigación en cada un dos 19 distritos forestais de Galicia, é dicir un mínimo de 57 axentes.

- Medida 27: a creación dos Equipos de Vixilancia de incumprimento. Haberá un mínimo de dous efectivos de vixilancia por cada distrito forestal, é dicir 38.

  • Creación das prazas UDEX cun mínimo de traballadoras e traballadores suficientes para a cobertura do servizo e que se garanta os descansos do persoal.
  • É necesario que as prazas estean barradas C1/B. A Administración non pode seguir cubrindo prazas dende a escala extinta do C2.

Rogos e preguntas.

As OOSS propuxemos á Consellaría de Medio Rural que é necesario que se poña en contacto con Emprego Público para que se resolva o concurso de traslados da escala de Axentes técnicos en Xestión Ambiental, posto que é do ano 2023, e que inmediatamente despois se de destino definitivo ao proceso selectivo en marcha, pois precísase telo realizalo no remate da campaña, para que de cara ao inicio da seguinte campaña de alto risco non teñamos os problemas actuais. Tamén a actualización das listas cos méritos a día de hoxe. Advertimos de que a partir de 2026 pode haber unha alta proporción de xubilacións pola entrada en vigor da xubilación anticipada por coeficientes redutores e que obrigará a telo en conta para futuras Ofertas Públicas de Emprego.

Para as OOSS foi unha reunión con poucos avances e nivel de compromiso moi baixo por parte da Administración. Quedamos pendentes das conclusións da reunión coa Consellería de Medio Ambiente que teremos o 22 para estudar medidas se non hai avances.

Outras novas recentes

Venres, 12 Xuño 2026

Crónica dun enchufe anunciado: como a Xunta adaptou a praza da dirección do CGAC á súa candidata

Na CIG denunciamos que o nomeamento da nova dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) constitúe a crónica dun enchufe anunciado e exemplifica un padrón cada vez máis habitual na Xunta do PP, cando pretende favorecer unha persoa determinada: primeiro modifica o posto, despois adapta os requisitos de acceso e, finalmente, nomea a persoa que encaixa exactamente...
Venres, 12 Xuño 2026

A CIG chama á mobilización por terra e por mar contra Altri e a mina de Touro-O Pino

Terá lugar o vindeiro día 14 de xuño, ás 12:00 h, na Illa de Arousa  VK_-RpfT6yk  Dende a CIG chamámosche á participación masiva na mobilización convocada polas plataformas Ulloa Viva, contra a mina de Touro e en Defensa da Ría de Arousa para o vindeiro día 14 de xuño.  A marcha de terra arrancará da praia do Vao, na Illa de Arousa,  ás 12:00 h, baixo o lema «Pola defensa...
Martes, 16 Xuño 2026

Actualización definitiva de méritos das listas de substitucións da Xunta de Galiza

No DOG do 16/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2025 nas listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de...