Novas por contido

Na Comisión de Persoal de hoxe, 05/06/2026, o único punto da orde do día foi a modificación da RPT de corpos xerais da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, que nace da necesidade de contar con prazas suficientes para dar destino definitivo a todas as persoas de todos os procesos de corpos xerais que están pendentes de que ese acto se realice.

Aínda que non se atenderon a algunhas das nosas demandas, o fundamental, que é o saldo neto de ao redor de 170 prazas de nova creación, é para nós positivo. E tendo en conta ademais a urxencia (e isto é unha falta de previsión e se debería ter abordado moito antes, pois xa era algo sabido), o noso voto foi a favor da modificación da RPT, ao igual que o resto das organizacións sindicais.

Ademais, na rolda de intervencións indicou a DXEP que para corpos xerais (concurso de traslados e actos de elección de destinos) as datas serán as seguintes:

  • Semana 22-26 de xuño: será a publicación da resolución do acto de elección de destino: 2 días para recibir o código para acceder á aplicación informática, e 5 para a elección de postos.
  • Semana 13-17 xullo: a resolución cos nomeamentos e a adxudicación de destino definitivo. Nesta resolución indicarán que por motivos organizativos (vacacións) o prazo de toma de posesión comezará o martes 15 de setembro (co cal os ceses serán o 14 de setembro). Estas datas as incluirán nesta resolución do 13 ao 17 de xullo, e establecerán 15 días para incorporarse (por trámite de urxencia).

E no caso da promoción interna de 2020 as persoas que concursaron levan a peor parte, porque van ser convocadas para a elección de destino pero van ter 3 días para optar ou polo posto obtido en concurso e renunciar a tomar posesión na promoción interna, ou por ir ao acto de elección de destino para poder promocionar e perder o posto obtido no concurso.

Todo isto referido a 7 das 8 promocións pendentes. A promoción interna do 2023 queda fora e non atenderon ás nosas demandas de incluílas xunto coas demais nunha resolución como á do 2022 (que tamén solucionaría o suposto problema da promoción do 2020 e que non xustificaron porque non adoptaban esa decisión).

Polo tanto, como o prazo posesorio para as demais promocións comeza o 15 de setembro, para promoción interna do 2023 convocarán:

  • 16 de setembro: será a publicación da resolución do acto de elección de destino: 2 días para o código e 5 para a elección de postos.
  • Entre o 1 e 7 de outubro: a resolución cos nomeamentos e a adxudicación de destino definitivo.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...