Novas por contido

Programa de formación dirixido prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, en modalidade presencial e mixta.

ORDE do 22 de agosto de 2017 pola que se convocan subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

Cursos forGA Pontevedra (Ponte Caldelas). Datas de inicio previstas entre o 1/2/2018 e 21/5/2018.

Cursos forGA Vigo. Datas de inicio previstas entre o 1/2/2018 e 18/6/2018.

Toda a programación: https://forga.gal/formacion/subvencionada/

No DOG Núm. 163 do Martes, 29 de agosto de 2017, a EGAP publica a convocatoria do curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes con demencias.

O principal obxectivo do curso é favorecer o desenvolvemento de estratexias de comunicación efectiva e afectiva, promovendo unha intervención comunicativa eficaz coas persoas con demencias, a través da integración das técnicas de comunicación emocional. O curso diríxese ao persoal empregado público das administracións públicas galegas, en situación de servizo activo ou asimilada, que se dedique á atención a persoas maiores ou persoas con discapacidade dependentes, tanto en centros prestadores de servizos sociais coma en servizos de atención domiciliaria.

No DOG Núm. 155 do Xoves, 17 de agosto de 2017, publicouse a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para acadar os certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2017/18, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos aos empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

A EGAP publica no DOG do martes 27 de xuño a resolución pola que convocan tres cursos de nivel medio e tres cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega para o persoal ao servizo das distintas administracións da Comundiade Autónoma.

As persoas interesadas teñen dez días naturais contados dende o 28/06/2017.

Poñemos a túa disposición o Boletín de Servizos Centrais do verán de 2017, cos seguintes contidos:

  • Función Pública subtrae postos do futuro concurso xeral e da elección de destino.
  • A CIG dí NON á derradeira proposta de acordo da segunda actividade para o persoal do SPDCIF.
  • 29 de xuño: Manifestación en Compostela de Axentes Medioambientais.
  • Concentración de rexeitamento aos orzamentos do Estado o día 28 de xuño na Coruña.
  • Campaña de verán de alto risco. Reinicio da actividade laboral do persoal fixo descontinuo de 3 meses.
  • Nota informativa sobre o horario de verán.
  • Renovación do convenio da CIG-Administración Pública coa Academia Postal para a aplicación de descontos á afiliación.
  • Novas de última hora.

Poñemos a túa disposición o boletín da CIG-Autonómica en servizos centrais de maio do 2017, co seguinte contido:

- Fondo de acción social 2016: a Xunta de Feijoo continúa cos recortes aos empregados/as públicos.
- Aniversario de AMTEGA: 5 anos de externalizacións.
- Máis emprego estrutural e menos horas extras do persoal médico do SERGAS en Política Social.
- O PP en contra da ampliación do contrato do persoal de reforzo do SPDCIF.
- Reservas para fillos/as do persoal da Xunta nas escolas infantís.
- Última hora.

No DOG do venres 5 de maio de 2017, publícase resolución da EGAP pola que se convocan actividades de formación en convenio de colaboración coas consellerías de Política Social, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Estas actividades van dirixidas ao persoal empregado público dependente das consellerías de Política Social, Sanidade, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e persoal empregado nos servizos sociais comunitarios, vinculado á atención temperá. No caso de quedaren prazas vacantes, poderán participar outros/as profesionais dependentes das administracións mencionadas que interveñan profesionalmente con menores de 0-6 anos de idade.

O Bombeiro Forestal, boletín da sección sindical da CIG de Medio Rural de Ourense. No número de primavera podedes ler os seguintes artigos:Bombeiro Forestal nº 5

  • Editorial: Hai alguén aí...?
  • Máis medios privados para a extinción
  • Campaña: Plans de acción
  • PNL fixos discontinuos de 3 meses
  • O eucalipto na Picota
  • Certificado de competencias profesionais
  • Cadernos técnicos: os ventos
  • Prevención: Traballo a quendas
  • Datos lumes 2016
  • Comisión de seguimento acordo Bombeir@s forestais
  • Taboleiro de breves

Podedes descargar o boletín premendo na imaxe e tamén facendo click nesta ligazón

Poñemos a túa disposición o boletín da CIG-Autonómica en servizos centrais de abril do 2017, co seguinte contido:

- Actuación ante un dano da saúde sufrido no traballo.
- Acordos da comisión de listas.
- As bases de helicópteros contra incendios sen helicópteros.
- Asinar un acordo con datos falsos (acordo de mellora de emprego de Madrid).
- Última hora.
- Data probas físicas SPDCIF.

No DOG do luns, 10 de abril de 2017 a EGAP en colaboración co ISSGA convoca un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O curso ten 60 horas de duración e conta con 30 prazas. Será en modalidade de teleformación.  O prazo de presentación de solicitudes é do 11 ao 20 de abril de 2017 a través da páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula.

Outras novas recentes

Venres, 12 Xuño 2026

Xuntanza coa SXT de Medio Rural (10/06/2026)

Cobertura de prazas SPIF Din que a día de hoxe a cobertura no servizo e superior ao 90% e que rematarán de cubrir os postos mediante chamamentos que sairán previsiblemente esta semana. Respondemos que sempre imos tarde co tema da cobertura xa que non se trata de ter o dispositivo ao completo en xullo-agosto-setembro, este ano xa tivemos o primeiro GIF en abril, moito antes...
Xoves, 11 Xuño 2026

Modificación da RPT de Medio Rural

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural vén de presentarnos unha modificación da RPT da Consellería de Medio Rural. As propostas que inclúe son: A creación de 15 postos de axentes UDEX (Unidade de Directores/as de extinción), dos cales un sería de axente coordinador/a autonómico e dous postos de axentes coordinadores/as. A inclusión de 6 postos de persoal...
Luns, 08 Xuño 2026

Inicio de curso nas escolas infantís

Na Comisión do venres 5 de xuño trasladamos o que xa rexistramos ante a Consellaría de Política Social a respecto do inicio de curso nas escolas infantís.  As familias nestes días de matrícula están preguntando polo inicio de curso, e as respostas actuais son, por unha banda, incertezas e, pola outra, temos a resolución publicada co inicio de curso para o día 4 de setembro...