- Detalles
Función Pública convocounos a varias xuntanzas (Mesa Xeral, Comisión de Persoal, e Mesa Sectorial de Funcionarios/as) para os días 14 e 15 de novembro. Os asuntos son:
Convocatorias de promoción interna separada a corpos xerais
- A1-Corpo superior: 30 prazas da OEP 2020 e 21. Descargar
- A2-Corpo de xestiion: 185 prazas da OEP 2020 e 21. Descargar
- C1-Corpo administrativo: 240 prazas da OEP-2020 e 21. Descargar
- C2-Corpo auxiliar: 130 prazas da OEP 2020 e 21. Descargar
Convocatorias de procesos selectivos de acceso libre
- B-Delineantes: 9 prazas (3 promoción interna) da OEP-2020. Descargar
- B-Axentes ambientais: 96 prazas (24 promoción interna) da OEP-2020, 22 e 23). Descargar
- C1-Análises de laboratorio: 12 prazas (3 promoción interna) da OEP 2020. Descargar
- C1-Mantemento de servizos: 17 prazas (5 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
- C1-Recursos naturais e forestais, esp. capataz: 7 prazas (2 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
- C2-Arquivos e bibliotecas: 15 prazas (4 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
- C2-Recursos naturais e forestais, esp. oficial: 16 prazas (4 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
- AP-Limpeza e cociña: 117 prazas da OEP 2020 e 2022. Descargar
- AP-Recursos naturais e forestais: 42 prazas da OEP 2020, 21 e 22. Descargar
Convocatorias de procesos selectivos de de acceso libre reservada para persoas con discapacidade intelectual
- C2-Persoal de servizos xerais (PSX): 4 prazas da OEP 2020. Descargar
- AP-Limpeza e cociña: 31 prazas da OEP 2020, 21, 22 e 23. Descargar
RPT da Presidencia da Xunta
RPT da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
- Detalles
No DOG do 14/11/2023 publican:
- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.
- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.
- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.
- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).
- Detalles
A chulería e ignorancia de Función Pública non ten límite, ou se lle descoñece teito.
Despois de que nas catro últimas promocións internas ao corpo auxiliar (subgrupo C2) quedaran prazas desertas e que o sistema selectivo se demostrara un desastre, inxusto e ineficiente, e que se detectara claramente o problema, este director xeral segue queréndose rir das persoas empregadas públicas do corpo subalterno.
O problema é que a proba de coñecementos informáticos é un obstáculo infranqueable, e non por falta de coñecemento dos opositores, senón porque así está deseñada para facer de barreira, cun nivel de esixencia que non se corresponde coas necesidades reais que vai ter o persoal para traballar no corpo auxiliar.
O da proba de coñecementos ofimáticos do C2 vén herdado de cando as persoas do corpo auxiliar tiñan que saber mecanografía porque o resto dos corpos non tiñan por que usala. E os aspirantes tiñan que ir cargados ata Compostela, A Coruña ou Silleda, segundo onde fora o exame, coas súas máquinas de escribir Olivetti 98 de 14 kg de peso, que era o modelo estándar que se usaba nas administracións.
No século XXI onde TODAS as persoas funcionarias, dende a AP ata o A1 UTILIZAN A DIARIO ordenadores no seu traballo, a pregunta que se deberían facer en Función Pública é: por que unha persoa do C2 ten que acreditar coñecementos informáticos e as do C1, A2 e A1 non?
A CIG pedíu que se retire o exame de informática, pero Función Pública segue a manter un copipega das bases anteriores sen mudar absolutamente nada.
Que uns xestores públicos sexan incapaces de detectar cal é o problema que impide utilizar recursos humanos internos xa formados sen ter que recorrer a recrutamento externo se supón que é de ignorantes. E se coñecen cal é ese problema e seguen para adiante significa que son uns chulos.
- Detalles
Non é que escriban as notas na barra dun bar, é que intelectualmente son uns palanquíns e non dan artellado unha mellor desculpa para convencernos de que non sufrimos unha perda de poder adquisitivo.
Na última nota de UGT sobre o incremento do 0,5% nos din varias cousas de interese, como que no ano 2022 nos subiron un 6,66% as retribucións e no 2023 un 4,5%, co cal a perda de poder adquisitivo pásanos de largo ao persoal da Xunta. Todos os anos, nos orzamentos xerais do Estado e con carácter básico se establece unha suba (ou non) das retribucións co fin de paliar (outra vez ou non) a inflación.
Pero contarnos que un complemento de carreira ou de desempeño é para iso é o mesmo que dicir que os trienios teñen por función evitar a perda de poder adquisitivo e non retribuír a antigüidade.
Pois isto é o que fan os amigos da UGT, sumar á suba salarial do 3,5% do 2022 e do 3% en 2023, os incrementos da carreira profesional. Resulta entón que o complemento de carreira profesional non é unha retribución adicional ao complemento de destino, senón que existe “para non perder tantos cartos”.
As preguntas son: que lles di UGT aos traballadores doutras administracións que quedaron coa suba pelada e cunha perda de poder adquisitivo? Ou que lles di ás empregadas públicas da Xunta ás que lles negou a carreira por ser interinas ou temporais (e que accederon ao grao I ao gañar a CIG as demandas)?. E tamén, que lle di ao persoal laboral fixo que non se quere funcionarizar, ou que obrigaron a funcionarizarse en subgrupos inferiores con perdas salariais importantes como ao persoal coidador do III-99?
O que si sabemos é o que din da paralización da carreira profesional durante un ano: “...un dereito cercenado por un gravísimo erro sindical sen antecedentes”. Son moi benevolentes consigo mesmos e o que deberían dicir é que foi un dereito cercenado CONSCIENTEMENTE por eles e a administración para ver si colaba a ilegalidade cometida.
Para colarlle tal cantidade de bulos ao persoal da Xunta hai que ter máis sofisticación intelectual. Quod natura non dat UGT non praestat.
- Detalles
O mércores 15 de novembro, os delegados e delegadas da CIG vamos a concentrarnos en San Caetano pola xornada de 35 horas, as promocións internas anuais e os concursos de traslados permanentes.
Convidamos a participar ao persoal que poida achegarse ás 11 horas diante do edificio da Xunta.
Retomamos así a concentración prevista para o día 2 de novembro e que tivemos que suspender por prudencia ante a alerta metereolóxica daquel día.
Rueda, escoita, estamos en loita!

- Detalles
O persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, emisorista, vixiante e bombeiro forestal leva meses sen estar acollido polo V Convenio e os seus dereitos laborais quedaron no aire tras a funcionarización.
Ademais tanto o persoal laboral de seis meses como o persoal temporal, e o que non se funcionarizou non se atopa hoxe nunha situación millor xa que o convenio ten dereitos permanentemente suspendidos e están a sufrir abusos constantes que se suman a precaridade histórica no persoal que traballa na loita contra os incendios forestais na Galiza.
Queremos negociar as nosas condicions laborais
+ dereitos + seguridade - abusos = acordo de dereitos laborais
E por isto:
- Non aceptamos propostas por debaixo do V Convenio
- Loitamos por un servizo profesional con emprego de calidade
- Non máis abusos a base de circulares e instruccións ou cun Pladiga imposto
MOBILIZATE POR UN BO ACORDO DE DEREITOS LABORAIS
- Autobus Ponteareas-Porriño-Pontevedra
- 8.40 dende ponteareas
- 9,00 porriño (discoteca Queen)
- 9,25 Pontevedra (pavillón deportes)
- Autobús Ourense
- Primeira parada: Verín, Mi Rinconcito as 8:30.
- Segunda parada: Xinzo de Limia na Estación de servizo Cepsa Antela as 9:00.
- Terceira parada: Ourense onde as cafeterías Asgalla e Galena onde o aparcamento as 9:30.
- Cuarta parada: na rotonda o lado da Gasolineira Avia 9:50
- Última parada: Santiago en San Caetano
- Autobús Lugo
- 7: 45 H ///SARRIA-- ESTACIÓN DE AUTOBUSES https://maps.app.goo.gl/rWAUDoXeYPzbjkuG7
- 8:30 H // /BECERREA -- PARADA DE BUS CERCA Coco loco https://maps.app.goo.gl/zn6pn3DWjDfEPMrK7
- 9:10 H /// LUGO --GASOLINERA A CAMPIÑA https://maps.app.goo.gl/kdzGR1BMZD4MCRmJA
- 9: 40 H ///BAAMONDE --ROTONDA DO TANATORIO
- Estamos xestionando outro autobús no Barco-Monforte-Chantada. Contacta coa CIG na túa comarca.

- Detalles
No DOG do 10/11/2023 publican o DECRETO 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2023.
O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2023.
O anexo II recolle as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.
O anexo III recolle as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma que van ser obxecto dun proceso de funcionarización, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
O anexo IV recolle as prazas que se ofertan de promoción para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, nos termos sinalados na disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril.
O anexo V recolle as prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2023.
- Detalles
A Dirección Xeral de Función Pública enviounos os borradores das convocatorias dos procesos selectivos de prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, das escalas de:
- Detalles
A Xunta vai licitar a xestión privada das residencias da Fundación Amancio Ortega
A CIG esixe a xestión pública directa das residencias de maiores
A Xunta volve “externalizar” para as empresas privadas a xestión dos servizos públicos e licita os servizos de atención das dúas primeiras residencias de maiores das sete doadas pola Fundación Amancio Ortega.
A rede pública, de xestión tamén pública, é a única que garante un servizo de calidade e protexe as persoas usuarias fronte aos abusos das empresas que prestan estes servizos, como xa se viu na pandemia da COVID.
Na pandemia, o 94,3% das mortes nas residencias galegas nos primeiros 9 meses foi en centros de xestión privada. Dos 509 falecementos, 480 eran usuarios/as de centros a cargo de entidades privadas, incluídas as públicas con xestión privada, mentres que os restantes 29 falecidos/as (5,7%) producíronse en residencias de xestión directa e con persoal público (datos obtidos tras a unha sentenza do TSXG do 23 de maio de 2022)
Por outro lado, de todos é sabido que sobre o que costa dar un servizo con centros e persoal público, hai que engadir neste caso o beneficio empresarial, e as grandes empresas queren trincar ben neste gran bocado que é o sector da atención á dependencia.
Vén a conto neste momento lembrar tamén a denuncia pública feita polos Inspectores de Servizos Sociais no mes de agosto na que acusaban á Consellería de Política Social e Xuventude de “filtrar” aos centros de maiores privados a data das visitas, obstaculizando a súa eficacia na supervisión e control.
Estudos realizados tras a COVID19 sobre as persoas maiores das residencias avaliaron a relación entre o número de persoas falecidas na pandemia co tamaño das residencias e a súa xestión (pública ou privada) e constatouse que a porcentaxe foi moito maior nas residencias privadas que nas públicas.
Elementos como o gasto público, cociente de cobertura, titularidade e tamaño tiveron unha relación directa cos falecementos nos centros residenciais.
Pasou pouco tempo dende que o goberno galego, para blanquear a nefasta xestión das residencias e a xestión da dependencia, apostou publicamente por un cambio na xestión, tamaño e distribución das residencias ao longo do territorio. Todo era lavado de cara e propaganda.
Precísase que a xestión das residencias sexa pública, con persoal público e garantindo a universalidade do servizo de atención á dependencia.
Volvemos dicilo as veces que faga falta: O público é servizo, o privado beneficio!!!
- Detalles
Na Comisión de Persoal do día 06/11/2023 se levaron a votación os seguintes asuntos.
Oferta de emprego 2023
Oito minutos antes do comezo da Comisión de Persoal, Función Pública envíanos un novo borrador da OEP 2023 con cambios. O fundamental é que se incrementan as prazas do anexo II (promoción interna independente do persoal funcionario).
No caso da promoción ao corpo de xestión (subgrupo A2) se incrementan as prazas pasando de 30 a 60. E no caso do corpo administrativo (subgrupo C1) as prazas pasan de 50 a 100.
Para a CIG este incremento é insuficiente, tanto para o caso concreto destes dous corpos onde se detecta un grande número de aspirantes, como tendo en conta os outros dous, o corpo superior (subgrupo A1) e o corpo auxiliar (subgrupo C2), que é precisamente onde quedan prazas vacantes, e non porque non haxa aspirantes se non porque nestes dous casos o modelo de promoción interna demóstrase que falla.
Pero a maiores disto non atenderon a demanda de estender a promoción interna ao resto de escalas e aos corpos especiais.
Das alegacións da CIG non atenderon a ningunha:
Non hai promoción cruzada.
Non hai opción de elixir destino ou abrir o posto ao subgrupo superior.
Seguen sen fixar o concurso-oposición como sistema de acceso en libre.
Seguen funcionarizando á baixa ao grupo III-99.
Os tribunais seguen sendo de designación política.
Non aceptan a taxa adicional do RD-l 5/2023.
Non aceptan desenvolver o grupo B.
Etc.
Polo tanto o voto da CIG é EN CONTRA.
Puntos 3º, 4º, 5º, 6º. Procesos de funcionarización do persoal laboral fixo na modalidade específica (aprobados do último proceso de consolidación)
Seguen mantendo a pago de taxas, pero no fundamental aceptan o buzón de preguntas e respostas. Para nós estes procesos son prioritarios, e pensamos que hai que poñelos en marcha canto antes porque deben ir por diante dos procesos de temporalidade, polo que a pesar de que non son as bases óptimas, si van cumprir co seu cometido e por iso a CIG VOTA A FAVOR.
Punto 7º. (Engadido na propia Comisión de Persoal). Aclaración de Función Pública sobre o pago do incremento adicional do 0,5% en 2023
O director xeral di que se pagará na nómina de novembro.
Como este asunto ven derivado da normativa básica para a CIG non ten discusión que se faga. Agora ben, queremos facer constar que partindo de que este incremento deriva de ter un incremento do IPC de máis do 6% e que este 0,5% vai situar o incremento dos nosos salarios nun 3%, é dicir, unha PERDA DO 3% do noso poder adquisitivo.
E isto deriva dun acordo sindical de CCOO e UGT onde NON se estableceu unha cláusula de revisión salarial. Curiosamente un destes sindicatos nos quere convencer na propia Comisión de Persoal do beneficioso deste acordo que sumado á carreira profesional fan que case non perdamos poder adquisitivo.
Recoñecen que se perde poder adquisitivo e recoñecen que a carreira profesional está destinada a paliar a perda do mesmo. Un gran negocio.
Rogos e preguntas
• Reiteran que hoxe enviarán o buzón de postos da escala de traballo social para a elección de destino. Irán 81 prazas (29 de persoal interino que aprobou, 3 vacantes puras antigas, 15 vacantes puras de nova creación, 20 prazas de interinos de 2017 ou posteriores, 6 comisións de servizo de nivel 18 e 20 e 6 postos de concurso específico de directores de centro social de nivel 21, das cales varios cubertos por interinos no 2022).
• Preguntamos que acontece con varias especialidades das escalas de enxeñería (montes, forestais, agrónomos e agrícolas) e emisoristas, vixiantes fixos, bombeiros forestais e condutores de motobomba, que están a recibir correos para que o persoal interino colla as vacacións, o que indica que as tomas de posesión están próximas. Confírmanos que se enviarán neste mes de novembro. Tamén supoñen que será o mesmo no caso de gardacostas.
• Proximamente enviarán o borrador o decreto de investigadores.
