Novas por contido

No DOG do 06/08/26, publican a Resolución o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola (Resolución do 9 de decembro de 2025), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

  • Superaron o segundo exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos
  • As persoas aspirantes poderán presentar alegacións que consideren ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles
  • As persoas que superaron o segundo exercicio dispoñen de 10 días hábiles para a documentación xustificativa de exención do exercicio de galego

No DOG do 05/08/26 publican a Resolución pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

No DOG do 05/08/26 publican a Resolución pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

No DOG do 05/08/26 publican a Resolución pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía.

No DOG do 05/08/26, publican o acordo do Tribunal:

  • Non houbo nin alegacións nin recursos ao acordo do 12 de xuño
  • Declara exentas do segundo exercicio a todas as persoas aspirantes
  • Declara rematada a fase de oposición

No DOG do 04/08/26, publican a Resolución pola que se lles dá publicidade ás puntuacións do terceiro exercicio. As persoas aspirantes poderán presentar alegacións no prazo de dez días hábiles.

No DOG do 03/08/26, publican a Resolución pola que se dá publicidade a diversos acordos:

  • Anula as preguntas 39 e 101 do primeiro exercicio, e as substitúe polas preguntas de reserva 141 e 142.
  • Desestima o resto de reclamacións.
  • Fixa o corte en 56 respostas correctas, unha vez feitas as deducións previstas.
  • As persoas non conformes coas puntuacións dispoñen de 10 días hábiles para presentar alegacións.

No DOG do 31/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 31/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2026 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos.

Ampían o prazo de realización do segundo exercicio en vinte días hábiles.

No DOG do 30/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, e do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/ concurso-de-traslados/consulta

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...