Novas por contido

No DOG do 04/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/ as, convocado mediante Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 231, do 28 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 15 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

No DOG do 03/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B e subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), e pola que se lles adxudica destino definitivo a estas persoas.

De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, o prazo de toma de posesión será de quince días naturais a partir do 4 de setembro de 2026.

No DOG do 03/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais, da Xunta de Galiza.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal epígrafe Listas de contratación e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 02/09/2026 o INSTITUTO TECNOLÓXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALIZA publica o ANUNCIO do 25 de agosto de 2026 polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura definitiva de dous postos de auxiliar de laboratorio existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de acceso libre.

As bases estarán expostas na páxina web do Intecmar (http://www.intecmar.gal/ transparencia/convocatorias/default.aspx). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 01/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinaria.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo https://xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos».

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).

No DOG do 01/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de persoal axudante de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de Arquivos.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos».

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).

No DOG do 01/09/2026 a Amtega publica a RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2026 pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis iniciación e intermedio, correspondentes ao segundo semestre do ano 2026.

Establécense as seguintes convocatorias de probas:

Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas, os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal) cunha antelación mínima dun mes respecto á data de inicio das probas.

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ter un mínimo de 16 anos e inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización de cada prazo de inscrición indicado.

 

No DOG do 31/08/26 publícanse a seguinte corrección de erros:

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de agosto de 2026 pola que se nomea persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de gobernantes/as, especialidade de gobernante/a, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

No DOG do 31/08/26 publícanse as correccións de erros das resolucións de destinos definitivos:

  • CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de agosto de 2026 pola que se nomean e se lles adxudica destino definitivo como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia, número 20, do 29 de xaneiro), e pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 212, do 7 de novembro).
  • CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de agosto de 2026 pola que se nomean e se lles adxudica destino definitivo como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro).

No DOG de hoxe, 31/08/26 publícase a convocatoria de acto de elección de destino para a escala superior de estatísticos, subgrupo A1:

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo).

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...