Novas por contido

No DOG do 10 de agosto de 2026 a Axencia Galega de Innovación publica a Resolución do 31 de xullo de 2026 pola que se nomean persoal laboral fixo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

No DOG do 10 de agosto a Consellaría de Facenda e Administración Pública publica a corrección de erros da Resolución do 23 de xullo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría agronómica.

No DOG do 07/08/26 publícase a corrección de erros da Resolución do 29 de xullo de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de xullo de 2026, polo que se aproba a modificación da RPT da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes.

No DOG do 07/08/26 publícase o seguinte:

  •  Nomeamento de persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de persoal coidador, das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro):
  • Adxudicación de destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de persoal coidador, convocados polas resolucións do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) e do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro).

 

No DOG do 07/08/26 ábrese o prazo posesorio dos postos adxudicados para o seguinte corpo, en virtude da Resolución do 2 de xullo de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario (DOG núm. 134, do 20 de xullo). :

  • Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de persoal coidador

 

No DOG do 07/08/26 publícase o nomeamento e adxudicación de destino definitivo como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) do seguinte corpo:

  • Corpo de persoal técnico de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes técnicas facultativas, especialidade de educación infantil

 

 

No DOG do 07/08/26 publícase o nomeamento e adxudicación de destino definitivo como persoal funcionario de carreira no seguinte corpo, das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro):

  • Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador infantil

 

 

No DOG do 07/08/26 publícase a apertura do prazo posesorio dos postos adxudicados para os seguintes corpos, en virtude da Resolución do 2 de xullo de 2026, pola que se resolve o concurso ordinario:

  • Corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil
  • Corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil

 

No DOG do 07/08/26 fanse públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario convocado pola Resolución do 26 de maio de 2026 para a provisión de postos de traballo vacantes dos seguintes corpos:

  • Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística
  • Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico

 

No DOG do 07/08/26 publícase a resolución pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario convocado pola Resolución do 26 de maio de 2026 para a provisión de postos de traballo vacantes dos seguintes corpos:

  • Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística
  • Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

 

 

 

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...