Novas por contido

No DOG do 14/08/26 publícase a corrección de erros da Resolución do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, convocados pola Orde do 5 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 49, de 11 de marzo) e polas resolucións do 12 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 94, de 21 de maio), do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril) e do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).

No DOG do 14/08/26 publícase a corrección de erros da Resolución do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocados polas ordes do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro) e do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro) e polas resolucións do 26 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 30 de abril), do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño) e do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro).

No DOG do 14/08/26 publícase a corrección de erros da Resolución do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocados polas ordes do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro) e do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro) e polas resolucións do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño) e do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).

No DOG do 14/08/26 publícase a corrección de erros da Resolución do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocados polas ordes do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro) e do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro) e polas resolucións do 9 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 116, do 17 de xuño) e do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).

No DOG do 14/08/26 publícase a corrección de erros da Resolución do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), e pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocados polas ordes do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro) e do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro) e polas resolucións do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño) e do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).

No DOG do 14/08/26 publícase a Resolución do 31 de xullo de 2026 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

No DOG do 13/08/26 publícase o Anuncio polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal.

No DOG do 13/08/26 publícase o Anuncio do 24 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 218/26, con relación ao proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B.

No DOG do 13/08/26 publícase a Resolución do 28 de xullo de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

No DOG do 13/08/26 publícase a Resolución do 27 de xullo de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal (Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...