- Detalles
No DOG de hoxe, 31/08/26 publícanse dúas modificacións dos actos de elección de destino de de dúas escalas:
- RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2026 pola que se modifica a Resolución do 10 de agosto de 2026 pola que se nomean e se lles adxudica destino definitivo como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos convocados pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro) e polas resolucións do 26 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 30 de abril) e do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).
- RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2026 pola que se modifica a Resolución do 10 de agosto pola que se nomean e se lles adxudica destino definitivo como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou os procesos selectivos convocados pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro) e pola Resolución do 14 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).
- Detalles
No DOG de hoxe, 12/08/26 publícase a RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se lles dá publicidade a diversos acordos (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo) onde se trasladan os seguintes acordos:
Primeiro. Declarar aptas todas as persoas participantes no período de prácticas.
Segundo. Propoñer as persoas participantes relacionadas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Terceiro. Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.
- Detalles
No DOG de hoxe, día 21/08/26 publícase a RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B e subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores.
No prazo máximo de dous días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de tres días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo II desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
- Detalles
No día de hoxe, 20/08/26, publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais, da Xunta de Galicia.
As persoas interesadas disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
As persoas que solicitaron a inclusión electronicamente a través de fides.xunta.gal, para realizar as alegacións que consideren oportunas, deberán acceder a fides.xunta.gal, onde se lles permitirá xerar un documento para remitir a través dun rexistro presencial a documentación que deba presentarse e que non sexa copia auténtica ou non fose posible comprobala automaticamente. Só se admitirán as alegacións que se realicen por medio desta aplicación informática para as solicitudes que se presentaron a través de fides.xunta.gal
- Detalles
No DOG de hoxe, 17/08/26, publícase unha resolución pola que modifica a Resolución do 29 de xuño de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de:
medicina
psicoloxía
enfermaría
fisioterapia
traballo social
educador/a social
gobernantía
auxiliares de clínica
O prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 30 de setembro de 2026.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computarse o día 1 de outubro de 2026.
- Detalles
No DOG de hoxe, 17/08/26, publícanse as resolución de nomeamento como persoal funcionario de carreira dos aspirantes que superaron os procesos de:
O prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 30 de setembro de 2026.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computarse o día 1 de outubro de 2026.
- Detalles
No DOG de hoxe, 17/08/26 publícanse varias resolucións polas que se nomean e se lles adxudica destino definitivo a persoal funcionario de varias escalas:
Psicoloxía
Medicina
Terapia ocupacional
Enfermaría
Fisioterapia
Traballo social
Educación social
Auxiliares de clínica
O prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 30 de setembro de 2026.
Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e que foron convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) ou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) será de quince (15) días naturais a partir do 1 de outubro de 2026, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro).
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
- Detalles
No DOG do 14/08/26 publícase a Resolución do 4 de agosto de 2026 pola que se desestiman determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I, II e III do complemento de desempeño do posto para o persoal laboral.
- Detalles
No DOG do 14/08/26 publícase a Resolución do 4 de agosto de 2026 pola que se desestiman determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I, II e III do sistema da carreira administrativa para o persoal funcionario.
- Detalles
No DOG do 14/08/26 publícase a Resolución do 7 de agosto de 2026 pola que se modifican as resolucións do 24 de xullo polas que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), e pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos convocados polas ordes do 5 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 49, do 11 de marzo), do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro) e do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro), e polas resolucións do 26 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 30 de abril), do 12 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 94, do 21 de maio), do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), do 9 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 116, do 17 de xuño), do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño), do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro) e do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro).